Escoitar

O goberno de Vigo valida o plan de protección e acondicionamento de Monte da Mina

A Xerencia de Urbanismo, e posteriormente a Xunta de Goberno Local celebradas este venres, aprobaron definitivamente o Plan Especial do Monte da Mina, que define máis de 116.000 metros cadrados con zonas verdes, vivenda, equipamentos públicos e a protección de elementos catalogados, tal e como explicou Abel Caballero ante os medios.

venres, 23 xan 2015
A Xerencia municipal de Urbanismo e a Xunta de Goberno Local deron este venres o visto bo á aprobación definitiva do Plan Especial de Protección e Acondicionamento do Monte da Mina. O alcalde explicou que este documento ordena o ámbito contiguo a Castrelos e desbloquea a construcción de equipamento asistencial. Trátase dun ámbito de máis de 116.000 metros cadrados, con zonas verdes, un núcleo de vivendas, varios equipamentos públicos e elementos catalogados.

Os obxectivos do nomeado Plan Especial pasan por conectar o parque de Castrelos coa praza da igrexa e o cumio mediante un corredoiro verde, é dicir, supón prolgación natural do parque de Castrelos, precisou. Esta iniciativa tamén permitirá protexer o conxunto parroquial de Santa María de Castrelos declarándoo Ben de Interese Cultural, suprimirase o cableado e tendido aéreo, crearánse sendeiros peonís e cicloturistas, humanizarase Mestres Goldar, ademais de reordenar as áreas recreativas.

Por outra banda, e tamén na Xerencia de Urbanismo, deuse conta da concesión esta semana de 13 licencias de obra y 1 de actividade para un investimento total de 811.000 euros. Caballero subliñou os permisos concedidos para a construción dun edificio en Alfonso XIII (orzamentado en máis de 700.000 euros) e para a rehabilitación dun inmoble de catro vivendas en Travesía da Esperanza.

Xunta de Goberno Local
Caballero tamén deu conta esta mañá da aprobación dos últimos trámites administrativos previos ao inicio das obras de reforzo da estrutura e reforma da cuberta do pavillón polideportivo de Teis, mellora na que o goberno local adica case 154.000 euros e presenta un prazo de obras estimado en 3 meses. Avanzou que as obras empezarán en 15 días para acabar coas deficiencias que arrastra o pavillón desde hai 20 anos.