O Concello suma 2,6 millóns para os terreos da Cidade da Xustiza e Caballero solicita á Xunta partida económica para a súa construción
A Xerencia de Urbanismo deste venres, tal e como informou o alcalde, acordou a adxudicación dunha nova vivenda municipal de República Argentina 12-14. O goberno local conta agora con case 2,6 millóns para expropiar os terreos da futura Cidade da Xustiza, mentres que a Xunta de Galicia carece de partida orzamentaria para a súa construción, segundo denunciou Caballero.
O importe da vivenda vendida, segundo a proposta formulada pola Mesa de Contratación no procedemento de poxa pública, eleva o total recadado a 2.582.522 euros, que se destinarán á expropiación dos terreos para a futura Cidade da Xustiza.
Con este novo paso, o goberno local ten a certeza "absoluta de que estamos en condicións de asegurar os terreos da Cidade da Xustiza", avanzou Caballero, quen se pregunta se está a Xunta de Galicia en condicións de construila, xa que nos orzamentos autonómicos non figura partida económica. O rexedor recordou que é "obriga" da Xunta de Galicia e lles pediu que "de forma inmediata asigne orzamento á Cidade de Xustiza de Vigo".
En segundo lugar, a Xerencia tomou coñecemento do informe de comunicacións previas presentadas no servizo de Barrios Históricos nos meses de novembro e decembro do pasado ano, un total de 72 comunicacións tramitadas. A estas engádense no mesmo periodo outras 20 autorizacións de obra menor. "Seguimos no proceso de activación do ámbito urbanístico de Vigo", asegurou Caballero, quen indicou que esta semana o goberno local concedeu 13 autorizacións cun investimento superior ao millón e medio de euros.