O Concello cede 50.000 m2 de terreo a Citroën para impulsar o seu proxecto de transformación
Abel Caballero e Yann Martín, director de Citroën Vigo, visitaron esta mañá os terreos que o Concello cederá para que a factoría impulse o seu proxecto de transformación. Tal e como explicou o rexedor, estes 50.000 m2 son "vitais" para o futuro da empresa na nosa cidade.
O alcalde visitou esta mañá os terreos que o Concello cederá a Citroën para ampliar a factoría. Acompañado polo director da planta de Vigo, Yann Martín, o rexedor achegouse aos 50.000 m2 que a factoría precisa para aumentar a súa productividade. En posteriores declaracións aos medios, Caballero avanzou que o convenio está prácticamente rematado a augurou que os prazos van ser más breves que as previsións iniciais porque estes terreos, explicou, son "vitais" para o futuro da factoría.
Eloxiou o "excepcional" equipo técnico da empresa cos que se manteñen periódicamente encontros de traballo "na máis absoluta cooperación e cordialidade" e reiterou o apoio do Concello en calquera iniciativa que decida emprender PSA en Vigo.
Descargar todas as imaxes