Escoitar

Un representante dos afectados pola hepatite C intervirá no Pleno municipal de febreiro

Caballero avanzou hoxe xoves que un voceiro dos enfermos de hepatite C que precisan tratamento urxente terá voz no próximo Pleno de finais deste mes. Logo de manter un encontro con afectados, o rexedor reiterou todo o apoio do Concello á "súa xusta causa, que a causa da vida".

xoves, 12 feb 2015
1423748915hepatitis.JPG
O alcalde de Vigo mantivo esta mañá unha "desgarradora" reunión con catro mulleres enfermas de hepatite C que precisan urxentemente un tratamento que lles nega. O rexedor trasladou o apoio do goberno e de toda a cidade a estas afectadas que representantan a outras 100.000 persoas que loitan por "una cauxa xusta, a causa da vida". En declaracións aos medios, esixiu aos gobernos de Rajoy e Feijóo que procedan "de forma inmediata" a proporcionar estas mediciñas, porque así llo está reclamando "todo Vigo, toda Galicia e toda España".

Logo de avanzar que unha destas afectadas defenderá a súa loita no próximo Pleno da Corporación, Caballero rexeitou argumentos orzamentarios para negar estes tratamentos porque "a vida non ten prezo", así como a creación de comisións "ocultas" que decidan porque aquí as voces autorizadas son os médicos, dixo, os únicos que deben decidir sobre os fármacos que precisa cada enfermo. Acusou aos gobernos de Galicia e España de "absoluta falta de sensibilidad para resolver un problema de vida o muerte".

O rexedor lembrou o compromiso do goberno local coa sanidade pública, lembrando o seu posicionamento contrario ao hospital privado e recortado que se está a a construír en Vigo ou o apoio aos médicos de Urxencias que reclamaban máis medios.
Descargar todas as imaxes