O Concello cooperará coa Fundación Menela nos actos do 9 de marzo, Día Mundial do Autismo
Abel Caballero amosou a súa vontade de cooperar cos actos que a Fundación Menela organizará o próximo día 9 de marzo, con motivo do Día Mundial do Autismo. Logo de manter un encontro cos responsables da entidade, o rexedor cualificou de exemplar e moi estimulante a labor que realizan con as persoas que paceden esta enfermidade.
O alcalde avanzou hoxe a vontade municipal de cooperar activamente nos actos organizados pola Fundación Menela o próximo 9 de marzo, con motivo da celebración do Día Mundial do Autismo. Caballero, quen onte mantivo un encontro cos responsables da entidade, eloxiou a labor "exemplar e estimulante" que a fundación realiza con persoas que padecen este trastorno. En rolda de prensa, lembrou que esta entidade foi Viguesa Distinguida baixo o seu mandato e felicitou aos seus promotores aos que reiterou o o seu afán de cooperación.
Descargar todas as imaxes