Escoitar

II Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo

O Museo Liste de Vigo abre a convocatoria que rexerá o II Concurso Fotográfico, co que pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade. O tema proposto para este ano responde ao lema "Vigo: vestixios do pasado".

martes, 10 feb 2015
1423574785liste15.jpg
Esta convocatoria iniciou a súa andaina o pasado ano co gallo da celebración da Festa da Reconquista. A súa continuidade pasa por dotar ao concurso dunha maior liberdade temática desvencellándose do tema elixido na primeira convocatoria.
Descargar todas as imaxes

Máis información