Escoitar

Presentación do libro "Emilia Pardo Bazán, unha nena seducida polos libros"

Este mércores, 11 de febrero, ás 19:00 h. Mª Xosé Queizán presenta no Centro de Documentación e Recursos Feministas o seu libro: "Emilia Pardo Bazán, unha nena seducida polos libros"

martes, 10 feb 2015
1423574220emilia.jpg
Adoita considerase a Emilia Pardo Bazán unha das precursoras do feminismo actual. María Xosé Queizán desenvolve neste fermoso libriño este aspecto da personalidade de dona Emilia Pardo Bazán.

A partir da biografía da Emilia Pardo Bazán afeccionada aos libros está perfectamente trazada cal era a situación da muller na segunda metade do século XIX e comezos do XX. Como ben salienta o libro, a maior achega da Pardo Bazán á causa do feminismo non foi xa só a súa contribución teórica, senón a práctica, pois seguiu ao pé da letra o consello do seu pai, que a autora cita acaidamente e que, aínda hoxe,segue a ser válido como lema: Es unha rapaza, si, pero podes facer as mesmas cousas que un rapaz. Non o esquezas(páx. 29).

María Xosé Queizán convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán e achéganos a súa vida e obra dunha maneira sinxela e entretida. O volume inclúe unha cronoloxía e unha escolma de textos que completan a biografía da gran narradora e pensadora galega.

Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Concellería de Igualdade
Biblioteca pública Central R/ Joaquín Yañez, 6-2º andar
Descargar todas as imaxes