Escoitar

O goberno local ten en marcha máis de 80 obras de humanización por toda a cidade

As obras de mellora de Doctor Canoa, cun orzamento de preto de 250.000, estarán rematadas nun prazo de 4 meses. Segundo explicou esta mañá o rexedor nunha visita a estes traballos, na actualidade hai máis de 80 humanizacións en marcha por toda a cidade.

martes, 10 feb 2015
1423572608canoa.JPG
O rexedor visitou hoxe martes o avance da humanización da rúa Doctor Canoca, cun orzamento de case 250.000 euros e un prazo de execución de catro meses. Tal e como detallou, trátase dunha superficie de actuación de 1.116 kilómetros na que se mellorará a rede de abastecemento, coa incorporación de novas bocas de rego e hidrantes. Tamén se colocará rede de saneamento de pluviais para obter unha rede separativa de saneamento. A rúa contará con nove novas luminarias, papeleiras, bancos, arbolado e zonas verdes axardinadas. Ademais, tamén se instalarán elementos de eficiencia enerxética, con lámparas de vapor de sodio de alta presión.

En declaracións aos medios, o rexedor indicou que hoxe comezou a humanización de María Berdiales, lembrando que a partir do xoves 12 arrancarán na terceira fase de Aragón, así como as primeiras fases de Gregorio Espino e Gerona. Respecto da afección das obras na circulación pola cidade, Caballero constatou o peche ao tráfico de Camelias, así como restriccións en Rosalía de Castro e María Berdiales.

Nestes momentos, precisou, o Concello ten en marcha máis de 80 obras por toda a cidade, entre as que destacou: García Barbón (entre Serafín Avendaño y República Argentina); Rosalía de Castro (entre Canceleiro e República Argentina); Camelias (fase 3, entre Plaza América e Plaza Independencia); Toledo e o seu contorno; Santa Mariña; Pedreira (fase 2); Subida á Madroa ; Manuel Costas Bastos; Subida a Mouteira; Seixo; Sampaio Roteas, Abaixo e Subida, Gandarón, Camiño Fermín y Bagunda; Camiño Fondo; Doctor Canoa; Coutadas; accesos ao pavillón de Coruxo; Camiño Gándara; Atlántida; Estrada da Balsa; rúa Bravo; Camiño Oia; Rozo; rúa Eira Vella; Subida a Rola; Estrada Marco; Camiño Pinguela; San Cosme; Alonso Ojeda; Martínez Garrido; Baixada a Rios; Doctor Corbal; Estadio de Balaídos; cuberta Escaleras mecánicas; Ramón Nieto, (frente ao mercado); Saa; Juan Ramón Jiménez; Pazos Entronque; Hispanidad; Avda Castrelos e Baixada Mestre Chané.
Descargar todas as imaxes