xoves, 25 mar 2021
O goberno presidido por Abel Caballero estenderá a senda fluvial desde a Avenida de Madrid ata Manuel Álvarez, case que 3,5 quilómetros máis aos que dedicará 1.215.000 euros. O Concello tramita en paralelo as expropiacións e o expediente para licitar as obras.
martes, 23 mar 2021
O Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación UA-1 Ceán permitirá a construción de 19 vivendas unifamiliares e 36 prazas de aparcamento en Coruxo, na estrada do Vao. O proxecto tamén prevé a cesión de case 3.000 m2 para zonas verdes e de equipamento.
martes, 23 mar 2021
O alcalde deu conta esta mañá da resolución do Contencioso Administrativo nº1 de Vigo rexeitando a paralización cautelar das obras en marcha na Porta do Sol. Na súa opinión, trátase “dunha sentenza contundente, categórica e demoledora contra os intereses particulares dos demandantes”.
xoves, 18 mar 2021
Desde este luns, 22 de marzo, o acceso peonil e rodado á terminal ferroviaria de Urzáiz terá lugar exclusivamente polo teito do edificio, á altura de Vía Norte. Este xoves, Abel Caballero visitou a entrada provisional, que “impresionará” aos usuarios que poderán ver ademais a obra “colosal” do Vialia.
mércores, 17 mar 2021
O alcalde informou en rolda de prensa do comezo das obras de derribo que se prolongarán 21 días e que o Concello executa de forma subsidiaria ao non asumila os propietarios.
martes, 16 mar 2021
Os seis pasarán a conformar unha única edificación de uso público dotacional, informou este martes o alcalde. Se recibiron 17 propostas ao concurso de ideas para recuperalos e o obxectivo municipal é finalizar as obras nun prazo de 24 meses. Vigo optará a fondos europeos.
mércores, 10 mar 2021
No Auditorio Mar de Vigo entregouse esta mañá o primeiro premio do concurso de ideas para deseñar o ascensor de García Barbón. O alcalde avanzou antes en rolda de prensa que esta infraestrutura será un “gran” complemento para o edificio de Vialia, deseñado por Thom Mayne.
mércores, 10 mar 2021
O alcalde e presidente da FEMP participou de forma telemática na xornada “O futuro dos centros históricos das cidades”, organizada polo Colexio de Rexistradores de España. Caballero citou ao Casco Vello vigués, a acción sobre locais e vivendas, a peonalización da Porta do Sol e os proxectos para o Barrio do Cura e a Panificadora.
martes, 9 mar 2021
A ordenanza municipal de terrazas que está en tramitación posibilitará o uso de máis espazo -retirando prazas de aparcamento se así fora preciso- e permitirá instalacións permanentes non ancladas. Así llo trasladou esta mañá o rexedor aos responsables de FEPROHOS cos que mantivo un “cordial” encontro.
venres, 5 mar 2021
A Xunta de Goberno Local deste venres, segundo informou Caballero, deu luz verde a estes trámites para dúas novas humanizacións máis na cidade. A remodelación de Troncoso presenta un orzamento de 362.000 euros e a de Hispanidade, no treito entre Pintor Colmeiro e Zamora, ascende a 772.000 euros.