venres, 18 dec 2020
O goberno local avanza na rehabilitación da fachada da Basílica aprobando o concurso de ideas que permitirá buscar a mellor solución para a reforma das seis edificacións existentes e transformalas nun edificio dotacional. O importe do proxecto é de 78.000 euros e o primeiro clasificado ademais de recibir 15.000 euros, redactará o proxecto básico e de execución.
mércores, 16 dec 2020
Abel Caballero avanzou esta mañá que confía en que a Autoridade Portuaria “non cometa o inmenso erro” de aprobar o Plan de Espazos e Usos portuarios sen ter en conta a opinión da cidade. Con ese obxectivo, onte mesmo, o Concello enviou as súas alegacións ao documento entre as que destacou a total oposición do goberno local a calquera novo recheo na Ría ou a ampliación da proposta de cesión á cidade de espazos que levan anos destinados a usos non portuarios.
martes, 15 dec 2020
A Xerencia de Urbanismo emitiu esta mañá un “importante” dictame para que o próximo luns o Pleno da Corporación poida aprobar a “Modificación puntual do Plan Especial do Casco Vello de Vigo para a zona da Panificadora”. Deste xeito, comezará a transformación desta zona nun equipamento público de carácter socio-cultural.
venres, 11 dec 2020
A Xerencia de Urbanismo aprobará o vindeiro martes o ditame favorable á modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello (Pepri) para avanzar na reforma do edificio da Panificadora. O Pleno da Corporación Municipal dará a aprobación definitiva.
xoves, 10 dec 2020
Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello de Vigo concedeu unha licencia para a implantación dun aparcamento provisional na rúa Navarra cunha superficie de 5.000 metros cadrados. A obra correrá a cargo da empresa Parkingal SL e terá un custe de 70.000 euros.
mércores, 9 dec 2020
Abel Caballero informou este mércores de que o Concello de Vigo xa pode sacar a poxa pública os oito solares do Casco Vello abandonados e incluídos no primeiro programa municipal de edificación forzosa. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o procedemento da Xerencia de Urbanismo para dar solución ás oito parcelas do barrio histórico.
luns, 7 dec 2020
Abel Caballero advertiu unha vez máis de que se a ampliación do Ifevi non está lista para a próxima edición de Conxemar, a única culpable será a Xunta de Galicia dado que poido ter iniciado hai dous meses o proceso de licitación das obras -condicionado á disposición do solo -. De telo feito así, os traballos poderían comezar ao día seguinte do acto de levantamento de actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos, convocado para o 11 de decembro polo Concello de Vigo.
martes, 1 dec 2020
Abel Caballero explicou este martes que o Concello enviou hai un mes e medio o proxecto básico para que Patrimonio Histórico dea o visto bo á rexeneración do espazo. Ante a falta desta autorización, a obra está parada.
luns, 30 nov 2020
Só un día despois de que o Consello da Xunta declarase urxente e de interese público o proxecto, o goberno de Vigo asinou o informe e anuncio da convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos terreos. O alcalde contrapuxo a prontitude do Concello co “atraso” de mes e medio da Xunta en aprobalo.
venres, 27 nov 2020
O alcalde avanzou esta mañá que Iberia e Air Europa reforzarán as súas conexións con Madrid neste mes de decembro. O aeroporto de Vigo contará con 42 frecuencias semanais de ida e volta, dúas máis que ata o de agora.