Urbanismo
Caballero compromete "cooperación e facilidades" para a expansión de Coren en Vigo
xoves, 20 out 2011O alcalde de Vigo entrevistouse na mañá deste xoves co director da liña de negocio de Coren Grill, quen transmitiu ao rexedor a vontade do grupo alimenticio de ampliar a súa presenza na urbe. Segundo detallou Caballero, a empresa contará con toda a "cooperación e facilidades" municipais para incrementar os seus seis establecementos, xa que Coren considera Vigo "estratéxico" no seu plan de desenvolvemento.
O goberno de Vigo abriu tras 17 anos a unión de Rosalía de Castro con García Barbón
venres, 14 out 2011O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres da apertura do treito final de Rosalía de Castro, na unión con García Barbón, rematando así con 17 anos de procedemento e "cumprindo con todos os requisitos legais" tras ser aprobado hoxe a recepción das obras na Xerencia municipal de Urbanismo e na Xunta de Goberno Local.
Carmela Silva adianta que a nova sede da Seguridade Social en Vigo terá licenza en 15 días
xoves, 13 out 2011A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, informou este xoves de "dúas boas novas" para a cidade, como son a recepción parcial das obras de humanización do treito entre Rosalía de Castro e García Barbón, que permitirá proceder á súa apertura; e, en segundo lugar, a concesión en 15 días da licenza para o edificio da Metalúrxica, onde o Goberno de España investirá 24 millóns de euros na nova sede da Tesorería da Seguridade Social.
O alcalde reuníuse coa nova diretiva da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción
xoves, 6 out 2011O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, mantiveron este xoves unha reunión cos novos responsables de APEC, cos que o goberno local mantén unha "magnífica relación". Os mandatarios municipais transmitiron algunhas das melloras que está a introducir o Concello na normativa municipal para facilitar a edificación.
Silva solicita á Xunta que atenda as "xustas" reclamacións dos veciños de Navia
xoves, 6 out 2011A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, instou hoxe á Administración autonómica a atender as "xustas" peticións duns veciños dun edificio de protección oficial de Navia. Durante un encontro con afectados, Silva garantiu o compromiso do Concello de Vigo de dirixirse ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para trasladarlle as súas queixas.<br />
O alcalde anuncia a aprobación do proxecto inicial de urbanización de Tomás Paredes, co 52% de vivenda protexida
venres, 30 set 2011Explicou Abel Caballero que o Consello da Xerencia de Urbanismo deste venres deu luz verde ao proxecto inicial de urbanización de Tomás Paredes, un ámbito de 12.500 metros cadrados, con 2.000 metros cadrados de zonas verdes e unha parcela de 800 metros para a construcción de vivenda protexida. O rexedor indicou que este ámbito "reflicte moi ben o espíritu do PXOM". Das 120 vivendas que inclúe, o 52% terán algún tipo de protección.
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
xoves, 29 set 2011De conformidade co establecido nos artigos 8-10 dos Estatutos da Xerencia Municipal de Urbanismo, proponse para a vindeira sesión ordinaria do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, a seguinte ORDE DO DÍA: