Escoitar

Vigo é pioneiro en facilitar os trámites de apertura de comercios de menos de 300 metros cadrados

O Concello de Vigo xa adaptou a súa normativa para flexibilizar os trámites para conseguir licenzas comerciais. Segundo as directrices do RDL de 25 de maio de liberalización do comercio, determinadas actividades de locais con menos de 300 metros cadrados de superficie, se someten a un proceso de comunicación previa e poden iniciar a súa actividade.

venres, 8 xuñ 2012
1339156381urbanismo.jpg
O alcalde de Vigo anunciou hoxe venres que Vigo "é pioneiro" en facilitar os trámites de apertura a locais comerciais de menos de 300 metros cadrados de superficie. Na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta de que a normativa xa se adaptou ao RDL de 25 de maio de liberalización de comercio, polo que determinadas actividades comerciais que non superen los 300 metros se somenten a un proceso de comunicación previa e poden poñerse en funcionamento de xeito inmediato. Logo, a administración local procede á inspección. En verbas do alcalde, este procedemento de flexibilización de licenzas xa existía no Concello para locais de menos de 100 metros e agora esténdese ás novas directrices. "Estamos á vangarda á hora de dar facilidades ao comercio local", subliñou.

Asimesmo, na sesión da Xerencia concedéronse, segundo explicou Caballero, 17 licenzas de obra e 9 de actividade para un investimento de case un millón de euros.
Descargar todas as imaxes