Escoitar

O alcalde visita a carpa que exhibe ata o domingo o Ferrari que pilota Fernando Alonso

Abel Caballero presentou hoxe venres o monoplaza de reserva de Ferrari que pilota Fernando Alonso e que se exhibirá en Vigo toda a fin de semana. Os aficionados ao mundo do deporte e do motor poderán achegarse á carpa, situada na farola de Urzáiz, ata o próximo domingo 10 de xuño.

venres, 8 xuñ 2012
1339156448ferrari.jpg
O público terá oportunidade de probar a experiencia de conducir un simulador. Na carpa, na que tamén está exposta a equipación oficial de Fernando Alonso, estará aberta de 10,00 a 22,00 horas. Na presentación o alcalde estivo acompañado polo director territorial do Banco Santander, Pablo Berdiel Escario.
Descargar todas as imaxes