venres, 8 xuño 2012
Anuncio

Subvencións de Política Social

venres, 8 xuñ 2012

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 25 de maio de 2012, aprobou, entre outros asuntos "As bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o ano 2012.

Anuncio

Sesión de "networking"

venres, 8 xuñ 2012

A Concellería de Xuventude e Concellería de Emprego convocan unha sesión de "networking" co obxectivo de dinamizar e promover un mellor coñecemento do mercado laboral e das estratexias e necesidades presentes nos procesos de busca de emprego no mercado de traballo de hoxe. As empresas que participarán nestas primeiras sesións serán Randstad, Alliance, Ega Consultores e Adecco. Serán xornadas de unha tarde.

Anuncio

Convocatoria pública de solicitudes para fase 13 do Casco Vello e fase 8 do Barrio Histórico de Bouzas,programa de rehabilitación de edificios e viviendas de Vigo

venres, 8 xuñ 2012

Asinados os convenios correspondentes en data 14.05.2012 entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, procédese á convocatoria pública das solicitudes de axudas segundo a Ordenanza municipal para a regulación das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na Área de rehabilitación do Casco Vello e na Área de rehabilitación do Barrio histórico de Bouzas e publicada nº BOP nº185 de 24.09.2010 ou ordenanza que estea en vigor.

Anuncio

Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, ano 2012

venres, 8 xuñ 2012

A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 25 de maio de 2012, aprobou, entre outros asuntos As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, no ano 2012.