Escoitar

O Concello xa ten rexistrados e con licenza de primeira ocupación os 50 pisos de Rosalía de Castro

A primeira teniente de alcalde, Carmela Silva, indicou hoxe venres que, logo de 17 anos, o Concello recibirá un incremento patrimonial "sen precedentes" froito do rexistro e legalización dos 50 pisos da rúa Rosalía de Castro que estaban a situación irregular. Silva avanzou esta mañá que estas vivendas xa son propiedade municipal e xa contan con licenza de primeira ocupación.

venres, 22 xuñ 2012
1340366319carmela.jpg
A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos, Carmela Silva, avanzou esta mañá que, despois de 17 anos, o Concello xa ten en propiedade os 50 pisos de Rosalía de Castro "rexistrados, legais e con licenza de primeira ocupación" o que supón "un incremento patrimonial sen precedentes para o Concello de Vigo".

Na súa opinión, estas xestións poñen en valor o traballo dos funcionarios e da dirección política e técnica da Xerencia de Urbanismo que está a facer un importante esforzo para regularizar a situacións que outros deixaron mal, referíndose a gastos de expropiación ,cotas de urbanización que lle correspondía asumir ao Concello, "asumimos todas as obrigas que temos como administración", aseverou.

No tocante as críticas que o voceiro do PP fixo á liquidación da Xerencia de Urbanismo, Silva detallou o desglose dos 8 millóns de euros da aportación do Concello á Xerencia: 2,7 millóns cubren o déficit da liquidación de 2010: por primeira vez aplícanse as bases de execución orzamentaria e se dota unha provisión de dudoso cobro de 952.000 euros e onde se deixan de aplicar ingresos por importe de 719.000 euros, tamén estaba pendente de regularizar un pasivo de 800.000 euros. A concelleira apuntou que se o goberno non fixera todo isto, como pasaba na etapa do PP, o déficit sería de 1,2 millóns de euros. En cambio, este equipo de goberno "aboga por transparencia total e que todo estea rexistrado". Os 5,5 millóns restantes, proseguiu, supoñen unha suba para equilibrar a caída dos beneficios das taxas de obras e ectividade da que se benefician os pequenos e medianos comercios. Resaltou o "orgullosos que estamos de tomar medidas anti crise e políticas keynesianas", con rebaixas sustanciais que incluso chegan a taxa cero para xerar economía e emprego, "nisto gastamos nós os cartos públicos", engadiu.

Seguindo cos orzamentos da Xerencia de Urbanismo, indicou que no 2012 reduciuse primeira vez na historia o capítulo 1, nun 5% e tamén o 2, o de benes de servizos, que descendeu nun 8%.
Descargar todas as imaxes