O alcalde anuncia a celebración dun mercado tradicional no Casco Vello os sábados de xullo e agosto
Durante o acto de apertura do Mercado Medieval Vigo Vello, que ten lugar durante esta fin de semana, Abel Caballero adiantou que, en colaboración cos comerciantes da zona histórica, todos os sábados dos meses de xullo e agosto o Casco Vello acollerá un evento destas características, por ser o "corazón de Vigo", apuntou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres a decisión do Concello e os comerciantes de celebrar un mercado tradicional todos os sábados de xullo e agosto do Casco Vello vigués.
Este anuncio fíxoo público o alcalde na apertura no Mercado Medieval Vigo Vello, que abre hoxe as súas portas e estará en distintas rúas daa zona vella ata o domingo, con 60 postos de venda artesanal e actividades complementarias como pasarrúas, obradoiros, escenificacións teatrais e animación para os máis pequenos.
Este evento forma parte, tal e como apuntou Caballero ante os medios de comunicación, das catro citas similares que acolle o Casco Vello durante o ano, que son o medieval, o mariñeiro, o da Festa da Reconquista e o de verán.
O socialista felicitou aos responsables pola organización e valorou estas actividades como unha "forma de estar permanentemente no Casco Vello". Abel Caballero agarda que a desta fin de semana sexa "un gran éxito" e invitou á cidadanía a sumarse e participar. O obxectivo destas citas é converter ao Casco Vello no "corazón de Vigo", que "está a mellorar de forma visible" aínda que queda "moito por facer", segundo indicou o alcalde.
Descargar todas as imaxes