luns, 18 xuño 2012

O rexedor felicita aos bombeiros de Vigo por gañar o campionato de España de fútbol 7

luns, 18 xuñ 2012

O alcalde de Vigo trasladou hoxe luns a súa felicitación aos bombeiros de Vigo que gañaron este ano o campionato de España de fútbol 7. Caballero loubou a actuación dos efectivos vigueses, que gañaron a rivais como Barcelona ou Madrid, cando en Vigo hai 135 axentes e nesas outras cidades a cifra de efectivos multiplica por 10 a desta cidade. Congratulouse polo triunfo deportivo deste corpo de seguridade así como pola "magnífica" calidade da asistencia que prestan.