O alcalde amósase disposto a asinar un convenio con COGAMI para a atención aos discapacitados<br />
Abel Caballero mantivo este luns unha reunión con responsables desta entidade, quen plantexou a posibilidade de suscribir un convenio de colaboración entre as partes. O alcalde, quen recordou que o goberno local lles cede un local en Rivera Atienza, asegurou que "temos toda a vontade" de asinalo.
O alcalde de Vigo indicou que "temos toda a vontade" de elaborar e asinar un convenio de colaboración con COGAMI para "facilitar a súa atención ás persoas discapacitadas".
Caballero recordou que o local da entidade en Rivera Atienza foi cedido polo goberno local e adiantou que o Concello buscará outro maior pois estase a quedar pequeno ante as 3.000 persoas con discapacidade aos que atende COGAMI.
O alcalde indicou que se manterá a "cooperación activa con COGAMI" tamén cos discapacitados que traballan en distintas empresas concesionarias do Concello, compañías que "están satisfeitas e queren que continúe" a colaboración. O primeiro edil tamén explicou que recibiu unha carta de agradecemento do colectivo a nivel galego pola "magnífica atención e adaptación que reciben en Vigo a efectos da accesibilidade".
Descargar todas as imaxes