Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 15 xuñ 2012

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE XUÑO DE 2012.


1.- Actas das sesións anteriores: ordinaria do 8 e extraordinaria e urxente do 8 de xuño de 2012.

BENESTAR SOCIAL
2.- Concesión do servizo de Axuda no Fogar. Exptes. 150/15, 534/14 e 1995/15.

3.- Indemnización substitutiva a favor de "Atención Social en Emergencias Grupo 5, SLU, pola prestación dos servizos do programa de redución do dano en medio aberto durante o mes de maio de 2012. Expte. 76937/301.

4.- Indemnización substitutiva a favor de "Fundación Aldaba", pola prestación dos servizos do dispositivo de atención á infancia e á familia durante o mes de maio de 2012. Expte. 76935/301.

5.- Indemnización substitutiva a favor de "Fundación Social Emaús", pola prestación dos servizos de xestión do programa de transición á vida autónoma -VIA- ata o 30.04.2012. Expte. 73483/301.

CONTRATACION
6.- Revisións dos IPCs. a favor de Newlink Mc Kinney-Pascual S.L. pola contratación do programa de inmersións en lingua inglesa (PILIVIGO). Expte. 10410/332.

DEPORTES
7.- Solicitude de incorporación do IMD ás condicións financeiras e recadadoras establecidas no contrato vixente entre o Concello de Vigo e Caixanova-CaixaGalicia (NGB), Banco Popular Español S.A., La Caixa e Banco Santander S.A. Expte. 369/11.

EMPREGO
8.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e os sindicatos comarcais de Vigo UGT, CCOO e CIG para a prevención de riscos laborais derivados das obras promovidas polo Concello de Vigo. Expte. 8861/77.

FOMENTO
9.- Modificación do acordo da XGL 27.04.2012, onde se aprobaba o plan de Seguridade e Saude da Obra de renovación do saneamento na rúa Enrique Lorenzo. Expte. 2128/443.

MOBILIDADE, SEGURIDADE E TRANSPORTES
10.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Cruz Vermella Española para a prestación de primeiros auxilios e transporte sanitario nas praias de Vigo, dende o 15 de xuño ó 15 de setembro 2012. Expte. 82656/210.

PARQUE MOBIL
11.- Indemnización substitutiva a "Groupama Plus Ultra Seguros e Reaseguros S.A.", polo gasto derivado da cobertura do seguro da flota de vehículos municipais, correspondente ó periodo do 1 de xaneiro ó 31 de marzo 2012. Expte. 9051/445.

TESOURERIA
12.- Modificación da contía do pago mensual parcial a conta do contrato de servizos de colaboración nos procedementos de recadación en período executivo e nos procedementos sancionadores en materia de tráfico. Expte. 11853/541.

URBANISMO
13.- Dar conta das sancións urbanísticas que se remiten ao Tesoureiro do Concello de Vigo para a dite a correspondente providencia de apremio. Expte. 6208/407.

VIAS E OBRAS
14.- Devolución de fianza a favor de Sanchez Alvarez, S.L. depositada por ocupación de vía pública. Expte. 66588/250.

15.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de xuño de 2012, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 13 de xuño de 2012.

O ALCALDE,
Abel Caballero Álvarez

A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,
Dª. Mª Jesús Lago Rey.