As infraccións penais caeron en Vigo un 10,52% no primeiro trimestre de 2012
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, ofreceron este xoves datos que avalan que a cidade é "segura" e arroxa un balance "positivo" con respecto á media estatal. Ao remate da Xunta Local de Seguridade, Caballero e Coello citaron a "coordinación" e "eficiencia" dos corpos e forzas de seguridade que operan na urbe como as claves deste resultado.
Abel Caballero valorou que "Vigo é unha cidade segura" grazas ao "bo facer" dos responsables policiais e á "coordinación" entre as partes, salientando a "evolución satisfactoria" da taxa de criminalidade e a protección ás vítimas de violencia de xénero, con cursos de defensa persoal e mantendo a "presión" sobre os acosadores.
Pola súa banda, o subdelegado do Goberno indicou que "a seguridade cidadá" de Vigo "é un modelo a imitar" pola implicación das policías que revelan resultados "positivos", singularmente con respecto ao resto de España, onde a taxa de criminalidade caeu máis dun 33% con respecto ao estado.
Segundo explicaron, e durante o primeiro trimestre do ano 2012, as infraccións penais descenderon un 10,52% respecto ao mesmo período do ano anterior, como consecuencia da importante caída tanto dos delitos como das faltas. O obxectivo específico (roubos con violencia ou intimidación, roubos con forza e subtracción de vehículos) baixou un 20,58%.
En concreto, os delitos contra o patrimonio descenderon un 22,96%, destacando tanto os roubos con violencia/intimidación cun 22,73%, como os roubos con forza (16,54%) e, en particular, o descenso na subtracción en interior de vehículos (55,13%). Tamén se contiveron os roubos en vivendas, xa que neste trimestre reducíronse un 2,17%.
Pola súa banda, no ano 2011 as infraccións totais, é dicir o obxectivo xenérico, incrementouse un 3%, pero aumentaron os detidos un 6,59%. O obxectivo específico descendeu un 1,21%. Os roubos con violencia ou intimidación, descenderon un 6,91%, aínda que aumentaron os roubos con forza nun 5,41%, debido especialmente aos roubos en vivendas. Diminuíron os roubos en locais e outros roubos con forza e reduciuse a subtracción de vehículos nun 12,87%. Así mesmo, as faltas experimentaron un lixeiro ascenso (0,87%), provocado polo aumento das faltas de furto.
Descargar todas as imaxes