mércores, 20 xuño 2012
Anuncio

Pechada ao tráfico a rúa Espiñeiro

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER-BARDERA, estarán pechadas ao tráfico a rúa ESPIÑEIRO (Teis) e 1ª Trav ESPIÑEIRO, treito entre a rúa Maceiras e o Porto Deportivo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 20 de xuño de 2012 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.

Entrada libre con aforo limitado previa retirada de convite na billeteira a partir das 21h

O concerto inaugural de Imaxina Sons con Luisa Sobral transládase ao Auditorio Municipal do Concello

mércores, 20 xuñ 2012

A persistente choiva do mércores 20 e durante a madrugada do xoves 21 conduciron ao concello de Vigo a mudar o escenario inaugural do 8º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, ao non poder cumprir co plan de montaxes previstas. O concerto de Luisa Sobral trasládase ao Auditorio Municipal do Concello no mesmo horario (xoves 21, 22h) para así poder garantir a realización do espectáculo. Estaba previsto que a estrea de Imaxina Sons tivese lugar na terraza do Auditorio Mar de Vigo, nunha contorna ao aire libre, aínda que finalmente o factor metereolóxico dificultou a montaxe e a viabilidade do concerto, que supón a presentación en Galicia da cantante portuguesa. O concello de Vigo, organizador do festival, contempla nesta edición o cambio ao escenario cuberto do Auditorio Municipal, ante unha posible cancelación por condicións climatolóxicas adversas, daqueles concertos previstos en espazos abertos.

O concerto de apertura do 8º Imaxina Sons o xoves 21 de xuño no Auditorio Municipal do Concello, a cargo de Luisa Sobral, mantén o mesmo horario (22h) con entrada libre, pero co aforo máis limitado e con retirada previa de invitación. Desde as 21h, unha hora antes do comezo do espectáculo, a billeteira do Auditorio Municipal estará aberta para retirar os convites, sendo seis o número máximo por persoa.

O concello de Vigo prégalles disculpen as molestias orixinadas polo cambio e anímaos a gozar da oitava edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, cuxo programa se desenvolve desde hoxe xoves 21 até o vindeiro sábado 30 de xuño.

O alcalde anima á participación na carreira Nocturna de San Xoán, este sábado, na que estarán campión e campioa de 2011

mércores, 20 xuñ 2012

Todo listo para a Nocturna de San Xoán, un evento que se gañou o dereito a chamarse tradicional ao cumprir agora 29 anos e non faltar á súa cita un só verán dende o 23 de xuño de 1984, cando se organizou a primeira carreira pola Asociación Viguesa de Atletismo. Esta é a única proba atlética local organizada entre dous séculos que gozou de continuidade.

O alcalde presenta o proxecto municipal de curtametraxes "Vigo límite 36 horas"

mércores, 20 xuñ 2012

Organizado pola Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (EGACI) en colaboración co Concello de Vigo, o proxecto invita a producir, rodar e editar unha curtametraxe en 36 horas, baixo a temática "Vigo a través dos sentidos". Xunto ao concurso, organízanse obradoiros de dirección de fotografía ou de rexistro de son directo, entre outros, do 27 de xuño ao 13 de xullo.