Escoitar

Caballero avanza que a Mesa Local de Comercio estuda crear unha segunda feira outlet en Vigo

O alcalde presidiu este mércores a reunión da Mesa, na que acordouse ademais dar entrada aos tres grupos políticos con representación municipal e a distintos representantes veciñais. Segundo informou Abel Caballero, acordouse analizar a venda ambulante e designar unha mesa permanente para gañar "fuidez" no traballo.

mércores, 20 xuñ 2012
1340195423mesacomercio.jpg
O alcalde de Vigo informou este mércores que a Mesa Local de Comercio acordou hoxe estudar a posibilidade de que Vigo acolla unha segunda feira outlet na cidade, a proposta da Federación Vigo Histórico, pois a urbe tería "capacidade" para darlle cabida as súas.

Por outra banda, Caballero indicou que a Mesa verá ampliada os seus membros coa inclusión de voceiros dos tres grupos políticos con representación municipal e de representantes veciñais, dando así cumprimento á normativa municipal de participación cidadá.

A situación da venda ambulante na cidade tamén foi abordada polos membros da reunión, e na próxima cita presentaranse informes sobre aquela actividade que non cumpre as condicións. Caballero citou particularmente á que sitúase fronte ao Mercado do Calvario e indicou que poden incurrir en "competencia desleal" cos comercios regularizados.

A Mesa Local de Comercio estimou preciso hoxe a creación dunha mesa permanente para gañar "fluidez" no traballo, entre as celebracións das reunións con todos os membros. Estará composta polo Concello de Vigo, Mercacevi, FECOVI, Vigo Histórico, Federación Provincial de Comercio e Cámara de Comercio.
Descargar todas as imaxes