Escoitar

A tenente de alcalde critica que Xunta e Ministerio de Cultura renuncien a pagar as débedas co Marco

A tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, cualificou de "impresentable" tanto Xunta como Ministerio de Fomento renuncien a cumprir os compromisos que tiñan contraido co Marco. As débedas, dixo, son de 160.000 e 127.000 euros, respectivamente.

venres, 22 xuñ 2012
Carmela Silva presentará unha pregunta no Congreso dos Deputados para saber porqué o Ministero de Cultura non atende as débedas que ten co Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. A tenente de alcalde lembrou que o compromiso do Goberno Central era de 160.000 euros, mentres que a Xunta, quen tamén anunciou a súa intención de non cumprir o seu compromiso, debe 160.000 euros. A tenente de alcalde comparou esta actitude cara Vigo mentres que a administración autonómica destina 3,2 millóns ao Centro Galego de Arte Contemporáneo, con 66.000 visitantes -frente aos 166.000 do Marco-. Referiuse tamén ao abandono da Deputación do Padroado do museo, "mentres que adica 4 millóns ao Museo Provincial de Pontevedra", subliñou.