Caballero destaca a participación da Policía Local en actividades de apoio social como o Discamiño
Un ano máis membros da Policía Local de Vigo emprenderán o Discamiño cara Santiago de Compostela, acompañando a un mozo vigués que sufre severas disfuncións físicas.
Trátase dunha iniciativa que comezou fai tres anos e que cumpre o sono dun rapaz de 34 anos que en 2009 conseguiu pedalear 0s 800 kilómetros que separan Roncesvalles da Praza do Obradoiro acompañados, entre outros axentes, por Javier Pitillas. Este ano sumarese a este proxecto outra delegación de Córdoba. Caballero subliñou a "dedicación e aportación á sociedade en estas e outras cuestión que realiza a Policía Local a cambio de nada".
Descargar todas as imaxes