O Concello ampliará a cooperación co centro de educación especial Saladino Cortizo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves o centro de carácter metropolitano no que reciben educación uns 80 alumnos e alumnas con distintos grados de discapacidade. O Concello ampliará a cooperación de cara ao próximo curso polo maior número de estudantes que alí se formarán.
![1340279619saladino.jpg 1340279619saladino.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1340279619saladino.jpg)
O socialista recordou que o goberno local colabora co centro con fondos de autoxestión e tamén para mantemento e indicou que a cooperación ampliarase para posibilitar que máis alumnos poidan facer exercizo e recibir educación nas piscinas municipais.
Descargar todas as imaxes