Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 21 xuñ 2012
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 22 DE XUÑO DE 2012.


1.- Acta da sesión ordinaria do 18 de xuño de 2012.

BENESTAR SOCIAL
2.- Servizo de Axuda no Fogar. Expte. 1023/16.

3.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Concellería de Política de Benestar e a Asociación Solidariedade co Pobo Saharaui, para o desenvolvemento do proxecto de acollemento familiar temporar "Vacacións en paz 2012". Expte. 73109/301.

DEPORTES
4.- Autorizar ao Club ciclista Teis, a organizar o vindeiro día 1.07.2012, a XXI GRAN PREMIO CILCISTA TEIS. Expte. 11110/333.

5.- Autorizar a delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, a organizar o vindeiro 23.06.2012, a XXIX Carreira Pedrestre de San Xoan. Expte. 11250/333.

EDUCACIÓN
6.- Corrección de erro no prego de prescricións administrativas do procedemento de adxudicación do contrato de servizos para a xestión do programa municipal de educación básica de persoas adultas. Expte. 13263/332.

FESTAS
7.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para o desenvolvemento do programa "Vente con Nos" para o ano 2012. Expte. 4555/335.

IGUALDADE
8.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Asociación de Mulleres Dorna e o Concello para o mantemento do "Punto Informa" e a realización dun taller de creatividade literaria durante o ano 2012. Expte. 5412/224.

MOBILIDADE, SEGURIDADE E TRANSPORTES
9.- Ratificación do decreto do concelleiro da área de Mobilidade, Seguridade e Transportes, de data 5.06.2012, referente á autorización á Agrupación de festas da localidade, para a celebración das festas da Consolación de Coia. Expte. 82720/210.

10.- Devolución de aval á Comunidade de Propietarios Colon, 29, depositada con motivo da reserva especial de vía pública por obra na rúa Colón, 29. Expte. 82435/210.

POLICIA LOCAL
11.- Arquivo da denuncia presentada por D. Alberto Grandal Durán, contra dous funcionarios da Policía Local. Expte. 35834/212.

12.- Incoación de expediente disciplinario e imposición de sanción a dous funcionarios da Policía Local. Expte. 35331/212.

RECURSOS HUMANOS
13.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas de tres auxiliares de administración xeral baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do EBEP por un período máximo de seis meses. Expte. 23175/220.

14.- Nomeamento interino de seis subalternos por acumulación de tarefas baixo a modalidade prevista no art. 10.s.d) la Lei 7/2007, do 12 de abril, do EBEP por un período máximo de seis meses, para o servizo de conserxería. Expte. 23154/220.

15.- Solicitude Recoñecemento grao persoal de Dª Mª Concepción Campos Acuña. Expte. 23160/220.

16.- Solicitude Recoñecemento grao persoal de Dª Rosa Ana Garcinuño Barreiro. Expte. 23182/220.

17.- Execución de títulos xudiciais 126/2012 do Xulgado do Social Nº 3 no procedemento 263/2011 sobre cantidades (antigüidade Susana Glez. Torres e Mónica López-Coronado). Expte. 23150/220

18.- Execución de títulos xudiciais 101/2012 do Xulgado do Social Nº 5, no procedemento 874/2007, sobre cantidades (Carlos Sahuquillo Franco). Expte. 23149/220.

19.- Liquidación de intereses na execución 220/2011 do Xulgado do Social Nº 1 de Vigo no procedemento 310/2010 (Carlos Soto Alvarez). Expte. 23148/220.

20.- Dando conta de resolución do Sr. concelleiro-delegado da Area de Xestión Municipal de flexibilidade horaria de D. Xose Lois Romero Falque. Expte. 23189/220.

21.- Dando conta de resolución do Sr. concelleiro-delegado da Area de Xestión Municipal pola que se deixa sen efecto a redución de xornada da funcionaria Dª Silvia Taboada González. Expte. 23171/220.

22.- Dando conta de resolución do Sr. concelleiro-delegado da Area de Xestión Municipal de declaración de xubilación obrigatoria de D. José L. Iglesias Pereira. Expte. 23117/220.

23.- Dando conta de resolución do Sr. concelleiro-delegado da Area de Xestión Municipal de declaración de xubilación obrigatoria de D. Candido Souto Benítez. Expte. 23058/220.

24.- Dando conta de resolución do Sr. concelleiro-delegado da Area de Xestión Municipal de declaración de xubilación obrigatoria de D. Antonio Villar Covelo. Expte. 23057/220.

25.- Dando conta de resolución do Sr. concelleiro-delegado da Area de Xestión Municipal de declaración de xubilación obrigatoria de Dª Felisa Doval Blanco. Expte. 23056/220.

26.- Dando conta de resolución do Sr. concelleiro-delegado da Area de Xestión Municipal de declaración de xubilación obrigatoria de D. Carlos Soto Alvarez. Expte. 23059/220.

URBANISMO
27.- Recepción definitiva das obras de urbanización da "UA-03 CHANTADA". Expte. 5055/401.

28.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 22 de xuño de 2012, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 20 de xuño de 2012.

O ALCALDE,
Abel Caballero Álvarez

A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,
Dª. Mª Jesús Lago Rey.