Rodrigo Amado "Motion Trio" + Paul Dunmall chegan a Imaxina Sons co seu laboratorio de improvisación
Na segunda xornada de Imaxina Sons o jazz procedente de Portugal continúa a ser protagonista, desta volta co saxofonista Rodrigo Amado e o seu Motion Trio. No concerto que ofrecen no Conservatorio Superior de Música este venres 22 de xuño a partir das 21h contan coa colaboración do músico británico Paul Dunmall. Comeza ademais a proposta máis noctámbula de Imaxina Sons: Jazz na Noite, ou o que é o mesmo, concertos nos clubs da cidade como peche da xornada. Abren o Jazz na Noite deste ano os integrantes do grupo coruñés Rúa Cega; fano no Xancarajazz (Rúa Isabel II, 6) a partir da 01,30h.
Rodrigo Amado (Lisboa, 1964), saxofonista e fotógrafo, lidera un dos proxectos máis interesantes da escena jazzística portuguesa con Motion Trio. O pasado ano, na procura de expansión para a súa sonoridade, convidan ao saxo Paul Dunmall a unirse a eles. Dunmall é para algúns críticos o saxofonista máis seguidor de Coltrane de todos os europeos. Asentado na improvisación e na composición en tempo real, o Motion Trio desafía o seu laboratorio de sons coa participación deste músico británico, experto en xuntarse coas mentes máis abertas do jazz.
Desde os dezasete anos, cando tivo que procurar unha entretemento para superar meses de inmobilización por un accidente, Rodrigo Amado comezou estudar saxofón cos músicos e mestres máis destacados da capital portuguesa, participando da Escola de Jazz do Hot Clube. Colaborou con artistas dun espectro tan variado como Vítor Rua, Rocky Marsiano, DJ Ride, Anabela Duarte ou Mão Morta. Foi un dos fundadores en 2001 do selo discográfico portugués Clean Feed, un dos referentes da edición de jazz na actualidade en todo o mundo, e agora dirixe a súa propia editora, European Echoes. No Motion Trio está acompañado de dous músicos que a audiencia de Imaxina Sons tivo oportunidade de coñecer a través doutros proxectos: o baterista Gabriel Ferrandini, membro de Red Trio, e o cellista Miguel Mira, que na pasada edición deixou impactado ao público do MARCO co proposta de dúo de violoncellos xunto Ulrich Mitzlaff. Paul Dunmall (Welling, UK, 1953) colabora habitualmente com músicos como Evan Parker, Henry Grimes, Andrew Cyrille, Keith Tippett, Paul Rogers, Tony Malaby, Mark Helias, entre moitos outros, e o seu currículo abrangue máis dun cento de referencias discográficas.
Para abrir o circuíto Jazz na Noite desta edición escoitarase hard-bop, fussion, funk, free, rock progresivo e jazz modal con altas doses de"groove". Ese é o fundamento de Rúa Cega, grupo da Coruña que foi creado polo saxofonista Antonio Ferreiro. A formación nace no ambiente dun dos clubs emblemáticos de jazz da península, o Filloa da Coruña, situado precisamente na Rúa Cega desta cidade. Xunto a Ferreiro atopamos a algúns dos músicos máis dinámicos da escena jazzeira na cidade herculina: Miguel Cabana, na batería, Rubén Barros na guitarra e Octavio Vargas no baixo eléctrico.
Descargar todas as imaxes