Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 22 xuñ 2012

PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 9


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 25 de XUÑO de 2012, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores (Sesións 28.05.12 e 04.06.12).

2.- Declaracións institucionais.

3.- Ditames das comisións informativas:

XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.1.- Proposta de aprobación do plan económico financeiro por desequilibrio na liquidación orzamentaria de 2011. Expte. 14/142 (483/1101).

3.2.- Aprobación inicial da modificación orzamentaria nº 26/2012, crédito extraordinario e suplemento de crédito, para pagamentos en execución de distintas resolucións xudiciais. Expte.15/142 (490/1101).

3.3.- Aprobación inicial da modificación orzamentaria nº 26A/2012, crédito extraordinario, para pagamento de débedas sen cobertura orzamentaria. Expte. 16/142 (491/1101).

3.4.- Aprobación inicial de rectificación do Inventario municipal de bens e dereitos, coa desafectación do ramal 3 da rúa Pazo en Castrelos, a solicitude de COPERMA, S.A. Expte. 19276/240 (479/1101).

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.5.- Proposta de prórroga do convenio do Consorcio do Casco Vello ata o 31 de decembro de 2012. Expte. 482/1101).

4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta a integración de CEDRO no Servizo Galego de Saúde e, entanto non se produza, asumir o custo total. Expte. 469/1101.

5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Deputación Provincial a recuperar o convenio de colaboración co Marco e un novo convenio para actividades museísticas. Expte. 488/1101.

5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta conceda ao IES Audiovisuais ciclos superiores de audiovisuais, imaxe e animación en 3D. Expte. 489/1101.

6.- Asuntos urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a apertura no menor prazo posible do Centro Galego de Fotografía. Expte. 484/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal Popular solicitando a instalación de bambáns adaptados e promover a participación de discapacitados nos actos festivos. Expte. 466/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal Popular instando a convocatoria da comisión de vixilancia da contratación así como a comisión citada no art. 56 do Regulamento do Pleno. Expte. 485/1101.

4.4.- Moción do Grupo municipal Popular solicitando a modificación da ordenanza fiscal do servizo de subministro de auga, rede de sumidoiros e saneamento. Expte. 486/1101.

4.a. Mocións urxentes

5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTECINCO DE XUÑO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 21 de xuño de 2012


O ALCALDE,
Abel Caballero Álvarez

O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
José Riesgo Boluda.