Vigo inaugura voo a Malága en virtude do acordo entre o Concello e Air Nostrum

mércores, 8 xul 2015

O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da aeroliña, Carlos Bertomeu, asistiron hoxe mércores ao acto organizado polo voo inaugural entre Vigo e Málaga, cun avión bautizado como "Mar de Vigo". Tras concurso público impulsado polo goberno de Vigo, Air Nostrum opera as conexións con Málaga, Sevilla (iniciada o pasado luns), Gran Canaria e Londres. Ambos mandatarios salientaron os bos niveis de ocupación que están a rexistrar as rutas de Vigo.

O sorteo da Lotería en apoio á candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade repartirá 84 millóns en premios

mércores, 3 xuñ 2015

Abel Caballero agradeceu hoxe mércores a Loterías e Apostas do Estado que atendera a solicitude do goberno de Vigo de dedicar un sorteo ás Illas Cíes, como parte da precampaña de promoción cara a candidatura a ser declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O próximo sábado 6 de xuño, no Auditorio Mar de Vigo repartiránse 84 millóns en premios.

O Concello ultima o concurso para abrir novas rutas aéreas internacionais e reforzar Barcelona

mércores, 29 abr 2015

A Vigo Convention Bureau, reunida este mércores, abordou distintas cuestións sobre a promoción turística da cidade, entre as que Abel Caballero subliñou a potenciación das conexións aeroportuarias. O alcalde avanzou que antes de que conclúa maio estará listo o concurso público para reforzar o voo a Barcelona e conseguir novas rutas en distintos mercados internacionais. Así, o aeroporto de Vigo conta este verán con 12 destinos e no próximo acadaranse as 19 conexións.

O alcalde enxalza o "valor incalculable" da promoción do equipo español na Volvo Ocean Race a "Cíes Patrimonio da Humanidade"

xoves, 16 abr 2015

O equipo español que participa na volta ao mundo de vela xa porta no seu casco o logo que promociona a candidatura das Illas Cíes para ser nomeadas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, un xesto con "custe cero" que Abel Caballero agradeceu este xoves. É un respaldo "de valor incalculable" que "fan de forma altruista, de apoio a esta cidade".