xoves, 13 xul 2017
Caballero pon en valor a traxectoria da terminal viguesa que se atopa "en pleno funcionamento e conectando a cidade como nos gusta" con 20 rutas dispoñibles, oito delas internacionais.
venres, 16 xuñ 2017
O vehículo inclúe o lema "Cíes, Obxectivo Patrimonio da Humanidade" xa que as illas son "o reclamo máis importante da cidade", asegura o alcalde. O bus dará servizo ata mediados de setembro en horarios de 10,00, 12,00, 16,30 e 18,30 horas e a bordo os turistas dispoñen de audioguías en inglés, francés, italiano e portugués.
martes, 13 xuñ 2017
O pasado mes de maio os pasaxeiros creceron nun 20,5% no aeroporto de Vigo o que eleva a cifra de viaxeiros a 99.391. A terminal de A Coruña creceu nun 7,5%, mentres que a de Santiago o fixo nun 3,5%.
xoves, 8 xuñ 2017
O rexedor mantivo un encontro co director da compañía irlandesa para España e Portugal para analizar a súa situación na terminal viguesa, onde a conexión con Barcelona traballa "a plena capacidade e demanda reforzos" a os voos internacionais funcionan ao mesmo nivel.
luns, 5 xuñ 2017
Antes da presentación este luns das novas rutas das compañías Air Nostrum e Iberia desde Vigo ao sector da hostalería e axencias de viaxes, o alcalde reiterou a operatividade da terminal viguesa.
xoves, 25 mai 2017
O rexedor solicitou esta mañá á Xunta que cumpra o seu compromiso de apoiar a proposta municipal de impulsar Cíes Patrimonio da Humanidade. En declaracións aos medios, Caballero reiterou que a candidatura promovida polo Concello xa ten respaldo social porque "levamos catro anos traballando de forma brillante".
martes, 23 mai 2017
O alcalde defíneo como "excepcional" e "abocado ao éxito" logo de catro anos de traballo e asegura que está vivo polo que "seguiremos adiante" pese ao anuncio da Xunta de Galicia de presentar unha candidatura conxunta ante a UNESCO para as Illas Atlánticas.
martes, 23 mai 2017
Explicou Abel Caballero que o Concello difunde na cidade os vinte destinos do aeroporto de Vigo e ademais promociona a campaña #FLYTOVIGO, un concurso en redes sociais que premiará con dúas escapadas a foto máis creativa xunto aos carteis do mapa de rutas da cidade.
venres, 12 mai 2017
A terminal viguesa acumula no que vai de ano un incremento dun 5% no número de pasaxeiros o que, en opinión de Abel Caballero, demostra que é "excepcional". Este verán suma conexións con Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza, tras a adxudicación a Air Nostrum do contrato de promoción turística.
mércores, 26 abr 2017
O Mercado do Progreso acolleu este mércores a iniciativa "Degusta Europa" da Deputación de Pontevedra coa que alumnado dos CIFP Carlos Oroza e Manuel Antonio prepararon tapas para os clientes. "Esta é a forma moderna de entender os mercados na cidade, amosando a nosa capacidade como núcleo de atracción turística", sinalou Caballero, quen eloxiou o programa por poñer de relevo a gastronomía "feita por xente de aquí e con produtos de aquí". Ademais o rexedor, acompañado pola presidenta Carmela Silva, aludiu ao bo momento que vive o turismo en Vigo que chega a niveis "que non viviramos nunca".