luns, 29 xan 2018
O Concello inicia este luns a campaña no Estadio Municipal. Abel Caballero destaca a implicación cidadá e anuncia o comezo da captación de voluntarios para promover a candidatura á Patrimonio da Humanidade.
mércores, 24 xan 2018
O turismo medrou en Vigo máis dun 15% en 2017 respecto ao ano anterior, o que supón un crecemento superior ao do resto de cidades de Galicia. Tel e como explicou Caballero foi un ano "colosal" que permitiu apuntalar o turismo como unha pata da economía.
martes, 23 xan 2018
"Será un espazo esencial para o intercambio de coñecementos e daranos un impacto internacional", destacou Caballero. Tal e como presentaron esta mañá, o congreso será os días 20, 21 e 22 de xuño no Auditorio Mar de Vigo.
martes, 16 xan 2018
O alcalde avanzou esta mañá que Vigo promoverá as Cíes en FITUR o próximo xoves 18 de xaneiro baixo o lema: Patrimonio Illas Cíes: o teu apoio vale un mundo". Será o terceiro consecutivo que o Concello promociona o arquipélago na feira de turismo máis importante de España.
xoves, 28 dec 2017
"Produciu a recuperación do turismo en niveles inimaxinables", apuntou, ao facer balance deste ano no que salientou o millón de pasaxeiros do aeroporto, o esforzo da cidade para combater os lumes de outubro ou a ampliación da Ponte de Rande.
mércores, 13 dec 2017
No acumulado do ano, Peinador pechou novembro ás portas do millón do pasaxeiros, un "gran obxectivo" que debe estar xa a estas alturas de decembro "conseguido", en verbas do alcalde, quen asegurou o mantemento dos apoios para facer do vigués "un gran aeroporto de España".
mércores, 13 dec 2017
O comité de expertos, que aglutina a científicos de dez especialidades, reuniuse esta mañá no Edificio Municipal do Areal, para abordar a redacción do documento final da candidatura a patrimonio da Humanidade da UNESCO, que está moi avanzado.
martes, 14 nov 2017
Caballero valorou os datos rexistrados no pasado mes, no que a terminal viguesa foi a de maior crecemento dos aeroportos galegos, cun 19% máis de viaxeiros sobre o mesmo mes de 2016. O rexedor defende o "potencial" de Peinador e o seu rol "central" para a economía da cidade.
luns, 4 set 2017
Abel Caballero denunciou que a programación de viaxes para maiores do Imserso prima de novo ao aeroporto de Lavacolla, en detrimento de Peinador. Unha vez máis, o 70% dos maiores da área de Vigo terán que viaxar aos seus destinos vacacionais desde a terminal de Santiago.
martes, 29 ago 2017
"É impresionante", apuntou, tras visitar a decoración con imaxes das Illas Cíes no espazo de 120-130 metros que comunica a terminal de autobuses coas de metro e cercanías, polo que pasan cada ano 25 millóns de persoas.