Abel Caballero: “A seguridade e a calidade da oferta son hoxe factores fundamentais para impulsar o sector turístico”
O alcalde de Vigo participou nun foro sobre Destinos Turísticos Intelixentes organizado por Faro de Vigo y SEGITTUR no que se puxo de manifesto a importancia do dixital, a seguridade COVID-19 e a calidade do servizo. O rexedor subliñou a importancia que ten o turismo para a economía e para o ocio das persoas. Caballero sinalou a Vigo como “cidade exemplo” que mudou o modelo e que busca a excelencia. Tamén fixo fincapé nos cambios que trouxo a pandemia e que ficarán con nós: “É seguridade”, sentenciou.