venres, 17 mar 2017
O rexedor reuniuse este venres con representantes do sector hoteleiro de Vigo para analizar a súa situación actual, abordar a cooperación dos hoteis como puntos de información turística da cidade e a repercusión dos eventos promovidos polo goberno local na súa actividade.
martes, 14 mar 2017
Ryanair inicia a conexión de Vigo con Milán e Edimburgo a finais de marzo ofrecendo 23.000 asentos adicionais, algo que o alcalde valora como parte da "consolidación" da terminal neste 2017
venres, 10 mar 2017
O alcalde esixe que o presidente do Goberno resolva esta situación polo prexuízo que supón para a cidadanía viguesa. Segundo lle explicou por carta a directora do Imserso, o contrato do programa de viaxes só recolle que as saídas se realicen desde Santiago ou A Coruña tanto este ano como o vindeiro.
martes, 14 feb 2017
O alcalde informou da posta á venda dos billetes dende hoxe martes para conectar Vigo coa capital condal os luns e os venres pola mañá, entre abril e xuño, unha "boa noticia que amosa como tira o aeroporto de Vigo".
venres, 20 xan 2017
Tras o "gran éxito" acadado onte en FITUR, este venres o alcalde avanzou que a próxima semana se contratará a elaboración do primeiro documento para a presentación oficial da candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade. "Todo sinala que o imos conseguir", valorou Caballero.
xoves, 19 xan 2017
Abel Caballero estivo hoxe xoves na feira internacional de FITUR promocionando a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade para trasladarlle o seu valor ao todo o mundo. Durante o acto, o rexedor deu por iniciada de xeito oficial a andadura para conseguir esta distinción da Unesco.
mércores, 18 xan 2017
O rexedor avanzou esta mañá que en dous meses Vigo contará co documento que lle permitirá presentar de xeito oficial a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio medioambiental da Humanidade. Este anuncio fíxoo un día antes de acudir a FITUR onde amosará o valor medioambiental e de atracción turística deste enclave natural.<br />
martes, 17 xan 2017
O alcalde manifestou este martes que "as Illas Cíes son o maior atractivo turístico que pode ter ningunha cidade" e serán o eixo central da presencia da cidade na Feira Internacional de Turismo. Caballero participou hoxe na presentación do Camiño de Santiago pola costa, que promocionará en FITUR a Deputación.
xoves, 12 xan 2017
A terminal viguesa rexistrou un crecemento do 34% en 2016, "o maior de ningún aeroporto en España", segundo apuntou Abel Caballero, que amosou a súa satisfacción polo momento "excepcional" que vive a terminal viguesa.
venres, 4 nov 2016
Coa aprobación do expediente de contratación na Xunta de Goberno Local ábrese o procedemento de licitación do servizo de promoción turística de Vigo e as Rías Baixas para o período 2016-2019 cun investimento de 736.000 euros.