xoves, 8 set 2016
Tras a presentación realizada por Ryanair da conexión con Edimburgo, que estrea o próximo ano dende Vigo, cunha oferta de 24.600 prazas entre marzo e outubro, Caballero manifestou que a terminal "voa ben" con oito destinos internacionais en 2017.
mércores, 7 set 2016
O alcalde recibiu este mércores a unha quincena de estudantes procedentes da Universidade de Beijing, que cursan Relacións Internacionais en Vigo durante os meses de verán. Abel Caballero valorou o "magnífico programa" da Escola e transmitiulles a visión de Vigo como "cidade industrial e turística". <br />
xoves, 18 ago 2016
<br />
Abel Caballero recibiu este xoves a José Espartero, director de vendas de Ryanair para España, con quen abordou a operatividade da compañía irlandesa no aeroporto vigués, que se sitúa por enriba do 90% na maioría das rutas, entre as que destaca Barcelona cun cento por cento de ocupación. O alcalde amosouse satisfeito cos resultados e non descarta "rutas adicionais de ningunha compañía".
luns, 8 ago 2016
O alcalde mantivo un encontro este luns co director comercial de Air Nostrum, Juan Corral, quen lle trasladou o interese da compañía por continuar a súa relación con Vigo á vista dos bos resultados da operatividade dos destinos tradicionais e dos novos. Co "aeroporto en pleno lanzamento" di Caballero que a situación é "a crónica dun éxito anunciado".
xoves, 4 ago 2016
O alcalde celebra "o novo e moi bo estadio" que vive a terminal viguesa que hoxe nesta xornada 5,624 prazas entre saídas e chegadas que conectan a cidade con 11 cidades, catro delas internacionais.
xoves, 7 xul 2016
A terminal viguesa alcanzará o millón de pasaxeiros e xa supera en número de voos e destinos a 2007, considerado o ano que mellores rexistros obtivo Peinador. En declaracións aos medios, Caballero avanzou que o Concello está a traballar na licitación das conexións que está a operar Volotea, que sairán a concurso público e xa deixou claro que se van a manter todos os destinos, sen descartar novas incorporacións.
xoves, 7 xul 2016
O alcalde asinou este xoves co seu homólogo alacantino, Gabriel Echávarri, un acordo de colaboración para ampliar a relación entre as dúas cidades que, dende hoxe, están conectadas cun voo directo. A colaboración materialízase especialmente no ámbito turístico, de maneira que os empresarios alacantinos presentarán as súas propostas en Vigo e o sector turístico vigués farao en Alacante co apoio municipal. <br />
xoves, 23 xuñ 2016
Abel Caballero reuniuse este xoves con José Espartero director de vendas de Ryanair en España, quen lle informou da operatividade das rutas que opera a compañía irlandesa na terminal viguesa, entre as que destaca Barcelona que supera as previsións sendo "o nunca visto". Ademais, Dublín e Boloña están resultando "excepcionalmente ben", o que para o alcalde significa que "estamos acertando".
xoves, 16 xuñ 2016
O 21 de xuño é o Día Internacional do Ioga e Vigo súmase á xornada cunha macro-clase -denominada IOGACÍES- na explanada do Náutico. Explicou o alcalde que son 200 os inscritos ata o momento nunha acción de máis de dúas horas acompañada de exhibicións e música en directo para apoiar a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade.
martes, 14 xuñ 2016
No mes de maio a terminal viguesa experimentou un 54,1% de crecemento respecto ao mesmo mes do ano 2015 superando, nestes momentos, os 350.000 pasaxeiros nos datos acumulados dende xaneiro. Os datos positivos son, para Abel Caballero, un reflexo dos resultados das accións de promoción turística do Concello. <br />