xoves, 1 mar 2007
O Salón do Mar e da Náutica Vigo NAU 2007 abriu hoxe xoves as súas portas no IFEVI, coa participación duns 112 expositores das empresas máis representativas do sector e a presenza dunha vintena de estaleiros.
venres, 23 feb 2007
Establecementos hosteleiros do Casco Vello queren dinamizar esta zona ofrecendo a partir de hoxe venres e ata o 11 de marzo, por un euro, racións de mexillóns ao vapor e especiais. Deste xeito, espérase que moitos vigueses visiten o Casco Vello para facer rutas de degustación.
venres, 16 feb 2007
Establecementos hosteleiros do Casco Vello queren dinamizar esta zona ofrecendo do 23 de febreiro ao 11 de marzo, por un euro, racións de mexillóns ao vapor e especiais. Deste xeito, espérase que moitos vigueses visiten o Casco Vello para facer rutas de degustación.
mércores, 7 feb 2007
A IV Edición do Salón da Hostelería do Atlántico (SHA) celebrarase do 20 ao 22 de maio no IFEVI. A súa finalidade será servir de punto de encontro a profesionais, empresas, asociacións, organismos e especialistas do sector para a difusión de novos produtos e servizos.
mércores, 7 feb 2007
La IV Edición del Salón de la Hostelería del Atlántico (SHA) se celebrará del 20 al 22 de mayo en el IFEVI. Su finalidad será servir de punto de encuentro a profesionales, empresas, asociaciones, organismos y especialistas del sector para la difusión de nuevos productos y servicios.
venres, 2 feb 2007
Lucía Molares, concelleira de Turismo e Comercio, recibiu onte xoves na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, a insignia do grupo de hoteis HLG como recoñecemento ao seu labor a favor da promoción do turismo na cidade de Vigo. O xornalista José María Carrascal foi o encargado de entregar a Lucía Molares a insignia e agradecer a concelleira o seu esforzo nun acto emotivo.
venres, 12 xan 2007
O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acolle desde hoxe venres ata o domingo a VIII edición de Franquiatlántico, coa presenza de 150 expositores nacionais e internacionais pertencentes a ou relacionados co sector das franquicias.
venres, 12 xan 2007
El Instituto Ferial de Vigo (IFEVI) acoge desde hoy viernes hasta el domingo la VIII edición de Franquiatlántico, con la presencia de 150 expositores nacionales e internacionales pertenecientes a o relacionados con el sector de las franquicias.
martes, 9 xan 2007
Do 12 ao 14 de xaneiro o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acollerá a VIII edición de Franquiatlántico, coa presenza de 150 expositores nacionais e internacionais pertencentes a ou relacionadas co sector das franquicias.
venres, 22 dec 2006
A carpa de NaviCow, situada na praza de Compostela, será inaugurada hoxe venres ás 18:30 horas nun acto ao que asistirá a concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares.<br />
<br />
<br />