luns, 11 mar 2019
A obesidade infantil, os novos tratamentos e a dieta Atlántica serán os temas centrais do encontro, presentado este luns en rolda de prensa coa participación do concelleiro Cayetano Rodríguez Escudero.
mércores, 27 feb 2019
O tres grupos municipais votaron a favor das peticións do sindicato Satse instando ao Goberno de España a un acordo vinculante para establecer unha dotación adecuada de enfermeiras que podan garantir unha atención segura á poboación.
xoves, 21 feb 2019
A Xunta de Galicia negou por carta a petición de venda ou cesión da parcela ao carón do Hospital Álvaro Cunqueiro na que o goberno municipal quere construír un aparcamento gratuíto. O alcalde anunciou hoxe que seguirá "coa tramitación oficial de petición" da mesma.
martes, 12 feb 2019
O alcalde avanzou esta mañá unha remodelación do transporte público ao hospital para mellorar a conectividade e atender unha gran demanda cidadá. Nun primeiro momento, ampliaranse 7 liñas que chegarán ata o Álvaro Cunqueiro, ademais de implementar 3 lanzadeiras que prestarán servizo aos traballadores que teñen que estar ás 08,00 h no complexo hospitalario.
xoves, 7 feb 2019
Abel Caballero amosou o seu aval este xoves no Mercado do Calvario á campaña que desenvolve o sindicato Satse: Ratios enfermeiras coa que promoven unha proposición de lei para respectar o máximo número de pacientes por enfermeira. Un obxectivo que, en opinión do alcalde, "merece atención e apoio e traerei ao Pleno do Concello esta proposta para sometelo a consideración". Caballero anunciou que o seu goberno secundará esta proposición e avanzou que a trasladará á Federación Española de Municipios e Provincias porque "temos que dar aldabonazos para a mellora da sanidade pública".
luns, 28 xan 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns o Laboratorio Europeo e Nacional de Biotoxinas Mariñas, no Edificio Citexvi do Campus Universitario de Vigo, xunto á ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo. O rexedor e a ministra coñeceron as instalacións da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) e mantiveron un encontro coa directora e os profesionais do laboratorio.
venres, 25 xan 2019
Logo desta nova e multitudinaria manifestación que percorreu o centro de Vigo, o alcalde louvou este venres o "importante nivel de compromiso" da poboación coa sanidade pública. "Era da maior importancia volver facer unha seria chamada de atención á deficiente política sanitaria da Xunta de Galicia na área sanitaria de Vigo", concluíu.
luns, 21 xan 2019
Abel Caballero recibiu este luns aos representantes sindicais da xunta de persoal da área sanitaria de Vigo ante a convocatoria da manifestación para o vindeiro xoves en defensa da sanidade pública. "A mellora da atención sanitaria é un dos obxectivos políticos da cidade", sinalou.
luns, 7 xan 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns unha xuntanza cos responsables do Colexio Oficial de Enfermeiras e Matronas para a celebración do Congreso Nacional de Matronas na cidade en maio de 2021. O rexedor brindou aos organizadores todo o apoio do Concello para acoller a importante cita.
xoves, 27 dec 2018
Abel Caballero explicou que acudirá este xoves pola tarde á manifestación en favor da sanidade pública, convocada para as 20 horas no PAC da rúa Pizarro, reclamando "melloras na sanidade de Vigo, mellores centros de saúde e mellores PACS" e quixo recoñecer o valor dos profesionais que, tendo unha praza gañada e un prestixio, convocan este acto para "defender aos seus pacientes e aí estará o alcalde sumando na defensa da sanidade".