O Centro de Interpretación do mundo romano de Toralla xa está aberto ao público

venres, 20 xuñ 2014

Un concerto da Orquesta 430, unha recreación da vida romana e visitas guiadas con intérpretes serán hoxe as actividades coas que se inaugura o Centro de Interpretación do mundo romano na villa de Toralla. Así o avanzou o rexedor hoxe venres, cualificando de "fantástico" o resultado das obras de rehabilitación, da urbanización e do proxecto museístico que se realizou nesta zona da cidade.

O alcalde cualifica de "revolución na cidade" o inminente comezo das obras do Barrio do Cura

xoves, 6 feb 2014

Abel Caballero "felicitou á cidade" polo inminente comezo das obras do Barrio do Cura, "unha revolución en Vigo, unha obra da maior modernidade, que permitirá a recuperación dunha zona moi deteriorada". Deste xeito valoraba o rexedor o visto bo de Patrimonio Histórico a un proxecto que xurde xa no ano 1971 e que logo de medio século "é este goberno o que o leva a cabo", puntualizou.

Urbanismo inicia a rehabilitación da "emblemática" Casa do Patín, en Bouzas

mércores, 4 dec 2013

A tenente de alcalde e edil de Urbanismo, Carmela Silva, informou este mércores da contratación da primeira fase da obra, despois de ter expropiado os terreos. O Concello desmontará a fábrica de sillería de pedra das fachadas e muros interiores, tomando medidas para a súa conservación e posterior montaxe, cando se contrate a segunda fase da rehabilitación, no próximo ano.

O Concello descobre novos restos romanos en Mirambel e planificará a súa divulgación

venres, 22 nov 2013

O alcalde anunciou hoxe venres a aparición de "importantísimos xacementos arqueolóxicos" atopados xunto á finca romana de Mirambel, en Canido, un novo asentamento que "constata a teoría de que Vigo foi unha importante vila romana". O Concello elaborará planos dos novos restos e acometerá as excavacións cando rematen as obras en Mirambel e mellore a situación económica.