xoves, 23 nov 2017
O obxectivo é poñer en valor os vestixios e desenvolver acción cultural nese espazo de Alcabre. A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio con ADIF e a Xunta para a nova estación do AVE de Vigo cun investimento municipal de 2,3 millóns de euros e a clasificación de ofertas do servizo de estacionamento regulado. <br />
xoves, 26 out 2017
Abel Caballero e Carmela Silva presidiron o acto de música e poesía co que remata o terceiro programa municipal de arte urbano que suma 45 murais. Para o alcalde "a sociedade reclama que fagamos un Vigo distinto e este proxecto vai nesa dirección".
xoves, 24 ago 2017
O rexedor convida a todo o mundo a asistir este xoves pola tarde ás últimas representacións da vida romana que terán lugar ás 20 e ás 21 horas en Toralla.
luns, 14 ago 2017
Este luns visitou xunto a Carmela Silva os murais pintados por Iria Blanco en Navia, unha das 18 artistas que forman parte da terceira edición deste programa.
venres, 11 ago 2017
Abel Caballero e Carmela Silva presentaron este xoves a aplicación gratuíta "Time Trip Experiencia: Toralla", que amosa unha recreación veraz da vida na vila romana nos seus momentos de maior esplendor, momentos da vida cotiá, ademais de ofrecer toda a información sobre o xacemento.
martes, 8 ago 2017
Os artistas que conforman a terceira edición do programa "Vigo, cidade de cor" continúan a realización dos traballos. Hoxe, Caballero visitou o mural do Pavillón de Bouzas.
luns, 7 ago 2017
O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, visitaron este luns a obra da deseñadora gráfica viguesa Vanesa Álvarez, nas inmediacións do pavillón do Berbés, que forma parte do programa municipal de arte urbana. O goberno vigués pretende concienciar á cidadanía sobre o papel da muller na sociedade.
venres, 28 xul 2017
O alcalde adiantou que o Concello investirá 250.000 euros na recuperación dos restos da edificación de estilo indiano de finais do século XIX, que será un espazo de desenvolvemento cultural, teatral e museístico.
venres, 14 xul 2017
O alcalde indicou que xa están en marcha o pintado das medianeiras da rúa Coruña 9 e de Florida 30-34, "dúas obras de arte excepcionais", e revelou que hoxe venres comezan os traballos previos en Beiramar 129, nas escaleiras entre Romil e Camelias, no parque de Navia e no muro da igrexa de Fátima. O Concello adica ao programa de arte urbano medio millón de euros.
mércores, 12 xul 2017
Co obxectivo de "non deixar que se deteriore nada que recorde a historia" de Vigo, o goberno municipal procede á retirada e rehabilitación de cinco placas de valor histórico-artístico.