mércores, 15 xuñ 2005
                    A campaña promovida polo ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a entidade Red.es achegará Internet aos cidadáns con máis dificultades de acceso á rede mediante unha aula permanente instalada na Asociación Cristo de la Victoria de Coia.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    xoves, 9 xuñ 2005
                    A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, entrega diplomas ás persoas que asistiron aos cursos de "Internet para Todos" que organizou o Servicio de Atención Cidadá en colaboración co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, co fin de achegar as novas tecnoloxías a cidadanía.  A entrega dos diplomas será ás 18 horas o venres, día 10,no Centro Cívico do Casco Vello.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 20 mai 2005
                    Este festival musical terá lugar na Cidade Universitaria o día 8 de xullo e traerá a varios dos mellores dj’s de España. Unha terceira parte da recadación será doada á Asociación Española contra o cancro.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    xoves, 19 mai 2005
                    O Concello asinou un convenio coa Asociación de Xordos poñendo a súa disposición un intérprete da linguaxe de signos para que os discapacitados auditivos poidan participar en calquera actividade formativa ou de lecer organizada pola concellería de Participación Cidadá ou calquera das asociacións de veciños e culturais da cidade.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    xoves, 12 mai 2005
                    Coa finalidade de ampliar as prestacións a cidadanía no Centro Cívico de Teis a concellería de Participación Cidadá en colaboración coa concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, ten instalado un "Punto de Información Multimedia (PIM) de emprego".
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    martes, 10 mai 2005
                    O obxectivo desta agrupación refundada a finais do ano pasado é o de realizar unha serie de conferencias divulgativas de iniciación á ópera en diversos barrios e parroquias da cidade. A primeira será esta noite a partir das 20 horas no Centro Cívico de Teis,á que asiste a concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias. 
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 2 mai 2005
                    A Concellería de Participación Cidadá vai desenvolver unha campaña para dar a coñecer as novas tecnoloxías e fomentar o seu uso por parte de todos os cidadáns. A campañá contará cunha aula móbil e outra fixa, nas que se prestará especial atención aos colectivos con máis dificultades de acceso ás novas tecnoloxías.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    xoves, 28 abr 2005
                    O centro de Internet de Candeán bota a andar coa presenza da concelleira de Participación Cidadá,Marta Iglesias, e a intención de achegar as novas tecnoloxías a esta parroquia, cunha conexión en banda ancha de 2 Mbps e unha pequena ciberárea.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 27 abr 2005
                    A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, abriu as VIII Xornadas de Xuventude e Iniciativas de Emprego. Segundo Marta Iglesias, estas Xornadas servirán para que os mozos coñezan, antes de se incorporaren ao mercado laboral, os recursos que lles ofrece a administración.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 13 abr 2005
                    A Guía é unha iniciativa do Centro de Saúde de Teis e levada a cabo polo Plan Comunitario que conta co financiamento da concellería de Participación Cidadá. A Guía de actividades e recursos para persoas maiores trata de evitar a marxinación do amplo colectivo de maiores xubilados que viven neste barrio.