martes, 7 feb 2006
As obras de reforma da antiga reitoral de Alcabre para convertela en local social reanudaranse nas próximas semanas, despois de que o Servizo de Usos do Litoral as autorizase.
xoves, 19 xan 2006
Dotar de espazo as asociacións de Vigo para que poidan desenvolver as súas xuntanzas e actividades. Esta é unha demanda frecuente das entidades inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e que a Área de Participación Cidadá do Concello quere satisfacer a través de convenios como o asinado hoxe xoves coa Asociación "Monte da Mina" de Castrelos.
mércores, 11 xan 2006
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, entrega hoxe mércores ás 19:00 no Centro Cívico "Casco Vello" (rúa Oliva 12) os diplomas acreditativos aos alumnos e alumnas dos cursos de deseño de páxinas web, impartidos durante o pasado mes de decembro.
martes, 25 out 2005
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, abriu a xornada sobre "A brecha dixital e Internet" que con motivo do Día Mundial deste recurso se celebrou no Centro Social Caixanova hoxe martes. No seu discurso, Marta Iglesias afirmou que "niguén pode quedar fóra" do proceso de modernización auspiciado polas novas tecnoloxías.
venres, 21 out 2005
A área de Participación Cidadá do Concello de Vigo aproveitará a celebración do Día Mundial de Internet, o próximo martes 25 de outubro, para contribuír a superar a chamada brecha dixital, isto é, as diferenzas no acceso a este recurso electrónico entre grupos de poboación.
xoves, 20 out 2005
A área de Participación Cidadá con motivo da celebración do Día Mundial de Internet, desenvolverá unha campaña co nome “ViveVigo” de promoción e divulgación de internet entre os días 21 e 25 de outubro. O proxecto realizase en colaboración coa Asociación de Voluntarios de Internet e as asociacións veciñais “Dr. José Casas”, Bouzas, “Val do Fragoso”, Sampaio e San Miguel de Oia.
venres, 16 set 2005
Castrelos acolle, o sábado 17 e o domingo 18, a Festa Veciñal 2005, organizada pola Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao. O sábado, ademais, terá lugar en Bembrive a Festa dos Voluntarios da Asociación Cultural e Deportiva Xestas.
venres, 29 xul 2005
33 nenos e nenas acudiron durante o mes de xullo a este campamento que contou con variados obradoiros como xardinería, pintura ou reciclaxe, excursións e unha unidade temática dedicada á obra de Xullo Verne "20.000 Leguas de Viaxe Submarino".
mércores, 29 xuñ 2005
Marta Iglesias, concelleira de Participación Cidadá, manterá unha reunión cun representante das asociacións culturais de Vigo para atender as posibles dúbidas sobre as bases de subvención para o fomento da participación cidadá e o desenvolvemento comunitario.
venres, 24 xuñ 2005
O Concello achegará un total de 78.091 para o desenvolvemento de accións de base e de dinamización por parte da Asociación de Veciños "Eduardo Chao". Desta cantidade, 54.091 euros serán concedidos pola área de Participación Cidadá e os outros 24.000, pola de Festas e Animación Sociocultural.