Entrega de diplomas dos cursos de "internet para todos"
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, entrega diplomas ás persoas que asistiron aos cursos de "Internet para Todos" que organizou o Servicio de Atención Cidadá en colaboración co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, co fin de achegar as novas tecnoloxías a cidadanía. A entrega dos diplomas será ás 18 horas o venres, día 10,no Centro Cívico do Casco Vello.
Neste intre a concellería ten asinado co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, un proxecto de colaboración denominado "As novas tecnoloxías ó servicio da cidadanía do século XXI" proxecto aprobado dentro do Programa de Alfabetización Dixital, no que o Ministerio ten a disposición da concellería vinte (20) ordenadores portátiles para impartir cursos de formación en internet, así como a documentación necesaria para impartilos (libro e CD).
Estes cursos dunha duración de 15 horas permiten ós participantes introducirse na rede global "internet" e dun xeito básico coñecer e utilizar as principais ferramentas de que dispón internet como son a utilización do correo electrónico, a busca de información en internet e sobre todo a utilización práctica da rede como servizo de valor engadido ás necesidades cotiás dos vigueses e viguesas.
O diploma ten engadido un "carné de internauta", no que o propio Ministerio certifica a celebración do curso e a adquisición duns coñecementos básicos no uso de internet, mais aquí non acaba o interese desta concellería xa que tanto en solitario como en colaboración con outras administracións seguirá impulsando a implantación e coñecemento das novas tecnoloxías da comunicación entre os cidadáns e as asociacións.
Descargar todas as imaxes