Rematado o prego de condicións para a licitación do Auditorio
O concelleiro José Manuel Figueroa explicou que o prego contempla unha duración de 40 anos e 96 millóns de euros, con 30 millóns de euros aportadas polas administracións. O vindeiro luns haberá unha reunión cos grupos políticos para que presenten as súas alegacións ao prego.
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reuniuse hoxe xoves para tratar os asuntos da orde do día. Nunha sesión moi curta, o consello aprobou definitivamente o estudio de detalle da UE Regueiro pese aos votos en contra de PG e PSOE, que alegou diversos cambios na tipoloxía do estudio-detalle, como unha reducción das zonas verdes e do equipamento e un aumento da edificabilidade. A xerencia aprobou o resto dos puntos a debate coa unanimidade de todos os grupos políticos.
Ao remate da Xerencia, o concelleiro José Manuel Figueroa declarou que o Goberno xa terminou o prego de condicións para sacar a licitación o concurso do Auditorio. Segundo o concelleiro os grupos políticos, o BNG concretamente, solicitou mais tempo para presentar as súas propostas. "Os convocamos o luns as 8,30 da mañá, escoitaremos as súas modificacións e alternativas para aceptalas ou discutilas dependendo da súa viabilidade", explicou. O prego está redactado con directrices xerais marcadas polo Goberno "seguindo os intereses xerais da nosa cidade". "Queremos que se presente o maior número de empresas posibles para que poida haber a mellor proposta para a nosa cidade, tanto para o palacio do Congresos como para as zonas complementarias", dixo o voceiro do Goberno local.
O prego contempla un tempo de duración do contrato de 40 anos, hai unha parte pública que aporta 30 millóns de euros por parte das administracións, mentres que o prego vai ata os 96 millóns de euros. A parte privada sería a proposta da empresa para o hotel, apartamento e a construcción do palacio de Congresos. Habería contemplado unha reserva de prazo de 10 días e tras 80 días, que é o tempo de licitación, que tería que publicarse no Diario Oficial das Comunidades, se abrirían as propostas e se convocaría a mesa de contratación, para posteriormente redactar o informe. O tempo previsto é duns 5 meses a partir da data en que se saque a licitación.
O concelleiro explicou que a comisión de control da contratación convocada para o luns non dictamina, "é só valorativa e cada grupo poderá facer as súas propostas e presentar as súas mocións, que serán valoradas, pero trátase dun prego meramente técnico, non político, sendo competencia da Xunta de Goberno Local sacalo adiante". Figueroa afirmou ademais que é vontade do Goberno avanzar o mais rapidamente posible co Auditorio porque se trata dun "servizo urxente para a cidade".