martes, 7 xuñ 2005
O conselleiro de Sanidade, José Manuel González Álvarez, presentou hoxe martes en Vigo a Planificación Hospitalaria desta Área Sanitaria, que contempla a construción dunha nova estrutura hospitalaria neste concello. No transcurso desta presentación o conselleiro anunciou que o novo hospital que o SERGAS quere acometer en Vigo acadará un investimento global estimado de 200 millóns de euros.
Bouzas e San Pelaio de Navia contarán con novas infraestruturas sanitarias de Atención Primaria
martes, 7 xuñ 2005
O conselleiro de Sanidade, José Manuel González Álvarez, asinou hoxe martes dous convenios de colaboración coa alcaldesa de Vigo, Corina Porro, co obxecto de recoller e formalizar as actuacións a levar a cabo por ámbalas dúas administracións para acomete-la construción de dous novos centros de saúde na cidade, un na parroquia de Bouzas e outro en San Pelaio de Navia.
martes, 7 xuñ 2005
O Campus terá lugar entre o 27 de xuño e o 1 de xullo en xornadas de 10 a 18 horas. Haberá sitio para 200 rapaces e terán o balonmán, baloncesto, voleibol, fútbol sala, hóckey e baloncesto en cadeira de rodas como actividades deportivas e paseo en piragua, béisbol e piscina como complementarias.
martes, 7 xuñ 2005
Ademais da tradicional coroa de flores no busto de Camoes na praza de Portugal, a celebración do Día de Portugal contará coa inauguración da mostra fotográfica "Porto Meu" e unha xornada de mostras artesanais, gastronómicas, folclóricas e musicais na praza da Estrela.