Elvis Costello trae a Vigo un espectacular despregue técnico
O artista británico Elvis Costello, que este xoves actúa no Pavillón das Travesas de Vigo, no seu único concerto en Galicia, trae á cidade un espectacular concerto. Sobre un escenario que supera os 250 metros cadrados de superficie, haberá 200.000 vatios de luz e 30.000 vatios de son para a presentación do disco "The Delivery Man". O concerto está patrocinado pola Concellería de Festas.
Acompañado de The Imposters, Elvis Costello tamén repasará os seus grandes éxitos, aqueles que fixeron del un artista de recoñecida fama mundial nos anos 80. Este concerto dará comezo ás 22:30 horas, e as entradas poden adquirirse a través da páxina web e da taquilla telefónica de Caixanova, ademais de en Discos ELEPÉ en Vigo, Discos Gong en Santiago e Discos Portobelo na Coruña. O prezo das entradas en venta anticipada é de 20 €, e de 24 € o día do concerto.
Con este novo disco Elvis Costello regresa ás súas raíces de cancións sinxelas, letras afiadas e composicións que se aferran ós sentimentos. En The Delivery Man atopamos melodías arroupadas por sons clásicos de raíces americanas, como o soul ou o country, ou no apego á música jazz.
De tódolos xeitos, Costello asegura que non fai nin rock, nin jazz, nin soul, senón que o fai todo á vez, porque para el a música non ten etiquetas, é a expresión de realidades e sentimentos. Volver ós seus inicios é un xeito de revitalizarse, de explorar de novo os mundos que parecían agotados.
Descargar todas as imaxes