As novas placas das fontes darán conta da potabilidade da auga con maior exactitude
Un novo sistema de sinalización informará os vigueses sobre a potabilidade das sús fontes. Nas novas placas, que substituirán as tradicionais de pedra, rexistraranse os resultados das análises que se fan cada tres meses.
O concelleiro de Sanidade, Ignacio López Chaves, presentou en rolda de prensa a campaña de rotulación das fontes públicas da cidade, que se iniciou hoxe venres. O novo sistema de sinalización aplicarase ás 348 fontes controladas polo Concello, substituíndo á tradicional placa de pedra.
Na nova placa consta o nome da fonte co seu correspondente número identificativo. Na súa parte inferior dáse conta da potabilidade da auga cunha serie de etiquetas que se renovarán cada tres meses segundo as análises que se realicen nas fontes.
Así, a cor verde indicará que a auga da fonte é potable, a cor vermella significará que a auga non é potable, e a cor amarela quererá dicir que a fonte está sen cualificar, o que se poderá deber, por exemplo, a que ten o cano roto.
Coa nova placa o Concello quere evitar, ademais, as bromas dos que modifican o sentido das placas tradicionais e confunden os usuarios das fontes escribindo ou riscando un "non" diante da palabra "potable". Deste modo, conseguirase que os vigueses estean seguros en todo momento de que a auga das sús fontes é potable ou non.