Escoitar

Clausura do ciclo de música "Xeración 2000+5"

A ensemble Música Doméstica pecha o ciclo de música "Xeración 200+5" na parroquia María Auxiliadora, ás 20:45 horas, que organiza o departamento de Cultura.

xoves, 2 xuñ 2005
1117792258xeracion2005.jpg
Música Doméstica trátase dun experimento lúdico que comezou no inverno de 1982 co obxectivo de gozar da música como expansión pracenteira en compañía, actividade que foi frecuente en séculos pasados pero paulatinamente caeu en desuso.

"Xeración 200+5", que o ciclo dos novos músicos en Galicia e o Norte de Portugal, foi pioneiro en apostar polo talento dos músicos da nosa comunidade, ata tal punto que intérpretes doutros países como Francia , Alemaña oi Estados Unidos quixeron sumarse en edicións anteriores a colaborar.

Mediante este ciclo, a concellería de Asuntos Sociais do Concello de Vigo,a través do seu departamento de Cultura, quere dar a coñecer o traballo que realizan os músicos máis noveles dende os conservatorios, escolas de música, orquestras e coros.

Na edición anterior viviuse con espectacular interese a producción da zarzuela que dirixiu José Antonio Campo e que repite de novo coa belísma ópera de Dido e Eneas de Purcell.

Na edición deste ano, a posta firme pola música de cámara está levando ao público a un percorrido pola historia da música e a actualidade contemporánea, como xa ten ocorrido coas propostas da ensemble Piazzola-Lisboia, a presentación do cedé de compositores cubanos ou a producción de música antiga , presentada por ensembles galegos.
Descargar todas as imaxes