Escoitar

O novo equipo de Costas e Praias da Policía patrullará por Samil e O Vao

Os axentes patrullarán en bicicletas para poder acceder a zonas peatonais e ser respectuosos co medio ambiente. O equipo está composto por 12 axentes e prestarán servizo todos os días da semana en horarios de 7 a 15 horas e de 14 a 22 horas.

xoves, 2 xuñ 2005
1117720704bicis.jpg
A alcaldesa Corina Porro e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, presentaron hoxe o novo equipo de seguridade en costas e praias, composto por 12 axentes que se desprazarán en bicicleta para poder transitar por zonas peatonais e praias respectando o medio ambiente e cunha rápida mobilidade.

Segundo Corina Porro "a posta en funcionamento deste servizo marca o inicio dunha nova etapa de modernización da Policía Local na súa organización e funcionamento", dixo. Os 12 integrantes desta nova sección prestarán servizo en quendas de mañá e tarde todos os días de 7 a 15 horas e de 14 a 22 horas principalmente nas áreas de Samil e O Vao.

O obxectivo principal desta nova sección é garantir a seguridade cidadá no litoral, velando pola fluidez do tráfico rodado e a adecuada utilización das zonas de estacionamento. Contarán tamén para o seu traballo cunha oficina permanente xunto ao posto da Cruz Vermella de Samil na que ofrecerán información e axuda ao cidadán.


Para reforzar e amparar a actuación policial, procedeuse á instalación dunha nova sinalización informativa na zona de praias, recordando aos cidadáns a prohibición de acceder aos areais con animais, circular por zonas peatonais con bicicletas, monopatíns o calquera outro vehículo e pernoctar nas zonas verdes.

Os novos uniformes do equipo de costas e praias e as bicicletas son xentileza do Corte Inglés, doazón que a alcaldesa agradeceu recordando cómo a entidade leva "30 anos facendo cidade en Vigo".
1117720704bicis.jpg
1117720749llegando.jpg
1117720791posando.jpg
Descargar todas as imaxes