Escoitar

Inauguración da exposición "The Rolling Stones,40 anos. Coleccion de Jordi Tardá"

Dentro do programa de exposicións da Casa das Artes do presente ano 2005, a concellería de Cultura presenta esta exposición que iniciou a súa andaina en Barcelona, itinerando por Zaragoza e mostrándose agora en Vigo por primeira vez en Galicia.

xoves, 2 xuñ 2005
1117712858rolin3.jpeg
A mostra, que se poderá visitar do 3 ao 28 de xuño, está formada por 176 obxectos de colección, propiedade do coleccionista Jordi Tardá e pertencentes a un dos grupos máis importantes da historia da música: The Rolling Stones.

Colección que naceu no ano 1965, co disco "Satisfaction", alimentándose ó longo do tempo con diversos obxectos: chaqueta de Mick Jagger, guitarra de Keith Richards, certificado de nacemento de Charlie Watts, primeiro cadro de Ron Wood, disco de ouro de Brian Jones, pa de ping-pong de Bill Giman, pastel da portada do disco "Let It Bleed", cuádruplo disco de platino de Ron Wood, unha das baldosas da piscina na que afogou Brian Jones ou o retrato de Chuck Berry realizado por Ron Wood.

Jordi Tardà é o propietario da colección de obxectos dos Rolling Stones máis importante do mundo, empezou aos 13 anos como promotor de concertos locais. Aos 20 entrou na Gay and Company, organizando concertos por toda España e Portugal, contratando aos Rolling Stones nos anos 1976 e 1982. Xornalista musical en radio, prensa e televisión, creou no ano 1985 a Feria do Disco, á que dedicou 20 anos da súa vida e converteuna na máis importante do mundo. Autor de diversos libros e exposicións impulsa actualmente o primeiro museo do rock de carácter didáctico de Europa.
1117712858rolin3.jpeg
1117712884rolin2.jpeg
1117712927rolin1.jpeg
1117712958rolin4.jpeg
Descargar todas as imaxes