luns, 6 xuñ 2005
Os usuarios da Carpeta do Cidadán poden axilizar os seus trámites co Concello a través do novo Rexistro Telemático de Documentación e Solicitudes. Este novo servizo de Internet, ademais, descargará de traballo o Rexistro Xeral e o Rexistro da Xerencia.
luns, 6 xuñ 2005
A concelleira Lucía Molares presentou a programación de verán de Xuventude, que este ano, e coincidindo coa saída da Volvo Ocean Race dende a nosa cidade, terán un marcado carácter marítimo.
A actuación contará con 200.000 vatios de luz e 30.000 de son
luns, 6 xuñ 2005
O artista británico Elvis Costello, que este xoves actúa no Pavillón das Travesas de Vigo, no seu único concerto en Galicia, trae á cidade un espectacular concerto. Sobre un escenario que supera os 250 metros cadrados de superficie, haberá 200.000 vatios de luz e 30.000 vatios de son para a presentación do disco "The Delivery Man". O concerto está patrocinado pola Concellería de Festas.
luns, 6 xuñ 2005
A rehabilitación será só da parte externa do buque e custará 275.000 euros. En materia de deporte a Xunta autorizou a organización da II Edición do Classic Rally Costa Atlántica e do Campionato de Galicia de ciclismo de fondo en estrada.
luns, 6 xuñ 2005
Ata finais de xuño, data en que rematan as diversas actividades programadas na Biblioteca Central de Vigo, é posible participar aínda en visitas escolares, obradoiros de escrita e contacontos para nenos.<br />