mércores, 8 xuñ 2005
O Concello e a Asociación para a Síndrome de Down traballarán conxuntamente para desenvolveren o programa de autonomía persoal "Me muevo". Con esta iniciativa, á que a Concellería de Benestar Social destina 6.000 euros este ano, quérese facilitar a integración social de nenos e mozos con síndrome de Down.
mércores, 8 xuñ 2005
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alberto Núñez Feijoo inaugurou os salóns Simen e Pretec facendo un balance das actuacións da Xunta nos sectores de infraestructuras e medio ambiente. Núñez Feijoo apostou polo desenvolvemento sostible como medio para fomentar o turismo e manter o progreso das cidades.
As Avenidas, o Casco Vello, O Calvario e As Travesas son algunhas das zonas nas que o público poderá disfrutar coas bandas de jazz
mércores, 8 xuñ 2005
Durante o I Festival Internacional de Jazz de Vigo, que terá lugar entre o 16 de xuño e o 3 de xullo, distintas pasarrúas interpretarán o mellor jazz por distintos barrios de Vigo.
mércores, 8 xuñ 2005
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, participou no acto organizado na Gran Vía pola Asociación de Transplantados de Vigo con motivo do Día Internacional do Doador.